Ravella acorda con Greenpeace que o concerto sexa o domingo na Praza da II República

Ravella acorda con Greenpeace que o concerto sexa o domingo na Praza da II República
Diario de Arousa-2019-07-25-008-2569790a

O Rainbow Warrior xa se atopa en Vilagarcía. Onte non foi posible o amarre pero hoxe estará no peirao do Ramal e recibirá a primeira visita, ao do alcalde de Vilagarcía e membros do equipo de goberno. Alberto Varela mostrouse onte moi satisfeito de que os cidadáns teñan a “posibilidade de vistiar” o buque insignia de Greenpeace, pero tamén que a ONG teña a oportunidade de facer a súa “labor informativa e divulgativa” que se inclúe na campaña “En marcha polo clima” .

As visitas guiadas serán durante a fin de semana, para garantir que o peirao se atopa libre e sen traballo e que haxa total seguridade para o público. O sábado e o domingo, o Rainbow Warrior estará aberto ao público de 10 a 14 horas pola mañán e de 17 a 21 pola tarde.

Ademais, o Concello e a organización ecoloxista chegaron a un acordo para que o concerto incluido nesta campaña sexa en terra, aínda que co Rainbow de fondo. A ubicación escollida é a Praza da II República. A partir das nove e media da noite, o domingo, actuarán Uxía, De Pedro e Maika Makovski.

Greenpeace agradeceu onte, nun comunicado, os esforzos realizados e as mostras de apoio recibido tanto ao Porto de Vilagarcía, coma ao Concello e á sociedade. Precisamente a falta de respaldo é o que levou á organización non gubernamental a abandonar a súa primeira idea, que era atracar no Porto de Vigo. Atopáronse coas críticas do seu presidente, Enrique López Veiga, e decidiron por rumbo a Arousa.

Ravella acorda con Greenpeace que o concerto sexa o domingo na Praza da II República

Te puede interesar