Ravella aproba o proxecto para dar fin ás deficiencias de Praza de España

Ravella aproba o proxecto para dar fin ás deficiencias de Praza de España
Diario de Arousa-2018-06-09-007-e0bfa21a

O goberno local de Vilagarcía desbloqueou esta semana o proxecto que permitirá corrixir as deficiencias na zona axardinada de Praza de España. O proxecto de mellora e solución foi aprobado o luns no marco da Xunta de Goberno Local e agora o executivo que preside Alberto Varela ten que promover a contratación da obra. Ao tratarse dunha “obra menor” o proceso, segundo Ravella, debería ser máis ben corto.
Cabe recordar que a Praza de España é un proxecto do anterior goberno de Tomás Fole e que, pouco tempo despois da súa inauguración, presentou serias deficiencias no sistema de rego. É por iso que o espazo axardinado presentaba sobre todo nas etapas de máis calor un aspecto totalmente deserto. Ante esta situación o goberno local socialista reclamoulle á empresa encargada dos traballos que solucionase a problemática, dado que achacaron o estado do céspede, entre outras cousas, á falta de mantemento.
A empresa negou tal cuestión e foi por iso polo que o Concello decidiu quedar co aval depositado no seu día para poder executar os traballos de mellora. O novo proxecto intentará mellorar o sistema de rego existente para garantir que a zona axardinada (agora completamente devastada) poida estar verde a maior parte do ano. Deste xeito evitarase, tamén, que se formen bolsas de auga importantes nas zonas de paso que redundan en problemas para o paso de peóns nas zonas reservadas para eles.
A obra da Praza de España leva anos esperando por estas melloras, ante as denuncias feitas en máis dunha ocasión polos veciños da contorna. De feito é un dos parques máis céntricos cos que conta Vilagarcía e o seu estado non é o máis idóneo.

Ravella aproba o proxecto para dar fin ás deficiencias de Praza de España

Te puede interesar