Ravella asume xa de forma oficial que non haberá Festa da Auga e anuncia concertos no parque da Xunqueira

Ravella asume xa de forma oficial que non haberá Festa da Auga e anuncia concertos no parque da Xunqueira
A esperada imaxe da multitude empapada non se verá este ano polas rúas de Vilagarcía | gonzalo salgado

A suspensión da Festa da Auga era algo que o sentido común daba por sentado. Pero non foi ata onte mesmo, 22 días antes do 16 de agosto, cando o Concello fixo o anuncio oficial.

A situación sanitaria leva á administración municipal a evitar as aglomeracións de xente. Por iso, tamén se caen do cartel a ofrenda floral, a subida de San Roque e a procesión da tarde que honra ao patrón.

O goberno que preside o socialista Alberto Varela apela a “motivos de seguridade” para suspender estos eventos, algúns dos cales son os máis multitudinarios das festas de San Roque. En calquera caso, dende o Concello non renuncian a facer unha programación para animar un dos momentos máis esperados polos vilagarciáns e anuncian numerosas actividades e actuacións de pequeno formato, ao aire libre, en espazos acotados, co público sentado, con control de aforo e levando rexistro de asistentes, por si fora preciso facer rastrexos.

As Festas de San Roque 2020 se levarán a cabo do 14 ao 23 de agosto, cun estricto protocolo que, indican fontes municipais, “conleva un importante esforzo económico e organizativo”.

Así, aínda que polo momento desde o Concello non desvelan os artistas, haberá actuacións musicais na Xunqueira, un espectáculo de orquestra na Praza da II República e dous eventos que xa son clásicos na axenda estival: O Festaclown e o Folk no Alobre. A todo esto hai que sumar a xa anunciada reconversión do Combate Naval nos espectáculos aéreos en Vilaxoán, Vilagarcía e Carril.

Os artistas locais estarán “máis presentes” este ano no programa, no marco da campaña “Son da Casa!” que pon en marcha Ravella para apoiar ao sector cultural de Vilagarcía e do conxunto de Galicia.

Os actos celebraranse ao aire libre, en espazos acotados, con aforos reducidos, co público sentado e gardando as distancias de seguridade. Haberá acomodadores e organizarase a entrada e a saída de forma ordenada. Aínda que todo será de balde, para asistir será necesario reservar praza. Nese momento, será imprescindible dar os datos persoais para facilitar o seguemento en caso de contaxios. Ademais, haberá xel hidroalcohólico a disposición do público e serán de obrigado cumprimento o uso de máscara e as demais normas que se dicten desde instancias superiores. O Concello confía en recuperar o formato tradicional de San Roque de cara ao vindeiro verán.

Críticas de Marea

O grupo municipal de Marea da Vila, que xa preguntou polo mantemento ou suspensión da Festa da Auga hai máis dun mes, mostrou onte o seu malestar polos tempos manexados dende o executivo socialista. “Cremos que o Concello debería ter mantido informada á veciñanza dende hai máis tempo e abrir un proceso de diálogo para presentar unha alternativa, dada a situación actual, que entendemos. O tempo é fundamental para moitos negocios da vila, que teñen que negociar debido á repercusión económica que supón a cancelación”, din desde Marea. l

Ravella asume xa de forma oficial que non haberá Festa da Auga e anuncia concertos no parque da Xunqueira

Te puede interesar