Domingo 26.05.2019

Ravella busca unha fórmula “legal” para resolver as deficiencias de Fontecarmoa

O concelleiro de Deportes, Miro Serán, mantivo onte unha reunión con responsables da concesionaria

 Os usuarios denuncian que as máquinas non funcionan e culpan a Serviocio e ao Concello | mónica ferreirós
Os usuarios denuncian que as máquinas non funcionan e culpan a Serviocio e ao Concello | mónica ferreirós

Os servizos técnicos do Concello estudarán a fórmula legal para resolver as deficiencias da maquinaria do ximnasio municipal de Fontecarmoa. Así o resaltan fontes municipais tras unha reunión celebrada onte entre o concelleiro de Deportes, Miro Serén, e os responsables da concesionaria Serviocio.


Os usuarios quéixanse de que as máquinas non funcionan e de que as continuas flutuacións de personal fan que se perda calidade asistencial, pois os novos monitores non teñen tanta experiencia para tratar coas persoas con problemas de mobilidade, segundo indicaron os propios afectados o mércores na concentración que tivo lugar ás portas das instalacións municipais.


Goberno e concesionaria chegaron a un principio de acordo durante a reunión de ontes, segundo se deducen das explicacións dadas por Ravella que, iso si, non son demasiado extensas.


“Existe vontade por parte da concesionaria para resolver o problema”, aseguran fontes municipais que añaden que “o luns consultaranse as alternativas cos servizos legais e de contratación do Concello, para que informen sobre a viabilidade legal”.


Será a partir das respostas de Secretaría e Contratación cando se manterá outro encontro con Serviocio para ver “que fórmula se aplica para resolver o problema” apuntan desde Ravella ao mesmo tempo que aclaran que, dita fórmula, “debe ter encaixe legal no contrato en vigor e de cara aos pregos que se elaborarán”.


Foi imposible para este medio concretar cales son as alternativas que se barallan e que será exactamente o que estuden os servizos xurídicos municipais. Cabe destacar neste senso que o contrato entre Serviocio e o Concello atópase prorrogado ate que se resolva o novo concurso. Unha licitación que está pendente, á súa vez, da construcción da ampliación da piscina, que tamén pasará a formar parte dos pregos.


Polo momento, o único que xa se resolveu foi a compra dos terreos pero é necesario licitar a ampliación, facelas obras e, despois, sacar o novo concurso para xestionar as instalacións situadas en Fontecarmoa. O propio goberno presidido polo socialista Alberto Varela sinala que o prazo para que todo esté resolto pode chegar ata os dous anos. Mentras tanto, Serviocio asume o servizo de forma excepcional.

Protestas
Os usuarios mostráronse dispostos a continuar coas mobilizacións en caso de que non se solventase a situación. Culpan do problema tanto á concesionaria como ao Concello, do que recordan que é o último responsable das instalacións. O propio xerente de Serviocio recoñeceu que as máquinas, aínda que “funcionais”, non son de “última xeración”. Os usuarios aseguran que as averías son continuas, que tardan moitos días en reparalas e que algunhas saen para non retornar. A gota que colmou o vaso, segundo explicaron, foi que levaran a Fontecarmoa máquinas de Pontevedra xa avariadas.

Comentarios