Realidade virtual, robótica e moito enxeño con “Metrópolis” de guía

Realidade virtual, robótica e moito enxeño con “Metrópolis” de guía

O laureado filme alemán do ano 1927 “Metrópolis” servirá este ano como telón de fondo para a segunda edición do proxecto “Tecnoverán”, unha iniciativa de ocio e aprendizase promovida dende o departamento de Xuventude de Ravella pensada para mozos de entre 14 e 18 anos.
O cerebro do programa é Diego Parajó que explicou que se na primeira edición o Tecnoverán se baseou no filme “Blade Runner”, nesta segunda parte apostarase por “Metrópolis”. A proposta non é outra que a de usar técnicas de experiencias de videoxogo para aprender. Parajó explicou que se trata “dunha experiencia inmersiva que te mete de cheo nun proxecto de aprendizaxe mediante un xogo”.
O Tecnoverán celébrase entre o 10 e o 14 de xullo, en horario de mañá e no centro de formación de Matosinhos. En cada xornada trataranse temáticas distintas que van dende a realidade virtual, a robótica, aplicacións para teléfonos móbiles e impresión 3 D entre outras cuestións que gustan, e moito, das xeracións máis novas.
Parajó indicou que os 20 mozos que participan nestas propostas aprenden ao mesmo tempo que se divirten e que se ten demostrado que estas técnicas contribúen a que a aprendizase sexa moito máis rápida.
Así pois o cine, a tecnoloxía e o coñecemento daranse a man nunha proposta para a que o prazo de inscripción se abre hoxe ata o 30 deste mes. Hai vinte prazas dispoñibles e os requisitos a cumprir é ter a idade entre os 14 e os 18 anos, estar empadroados en Vilagarcía, contar coa autorización paterna e ter moitas ganas de aprender e empaparse do mellor da realidade virtual. l

Realidade virtual, robótica e moito enxeño con “Metrópolis” de guía

Te puede interesar