Reportaje | Nas mesas de Arousa, sempre con marisco

Reportaje | Nas mesas de Arousa, sempre con marisco
O marisco non faltará nas mesas de Arousa | gonzalo salgado

A actividade frenética que se respiraba todos os anos nas vésperas de Noiteboa na Praza de Vilagarcía volveuse neste ano tan peculiar moito máis moderada. Os vendedores do Mercado de Abastos recoñecen que nestas citas sinaladas nas que acostuma a haber algún marisco no menú de todas as casas se vendeu - “máis do esperado”-, pero que o perímetro que mantén aislada a Vilagarcía e con entrada unicamente para actividades esenciais se notou “moitísimo”. Iso si, moitos optaron por pedidos vía telefónica co seu vendedor de confianza. “Tivemos moitos pedidos e iso foi o que nos salvou un pouco”, explican algúns dos praceiros.

O que está claro é que, pese ás limitacións respecto do número de persoas reunidas impostas polo novo Plan de Nadal da Xunta de Galicia, todos os arousáns a maior parte dos arousáns asocian o consumo de marisco a unhas datas tan sinaladas. Así pois na Praza de Vilagarcía podía mercarse centola da Ría por 35 euros ou nécora por 45. O camarón -dependendo do tamaño- oscilaba entre os 20 e os 50 euros e a ameixa -para a que se fixo unha venta especial en lonxas estes días pasados- podía adquirirse a 35 euros a babosa ou a 18 ou 15 euros a xapónica.

A campaña de Nadal en canto a consumo deste tipo de produtos é unha das máis importantes do ano tanto para o sector do mar como para os vendedores da Praza de Abastos. Daí que o perímetro manteña en xaque a súa venta. "Cando estabamos con Vilanova e Cambados aínda podía vir xente", din.

A cita de Noitevella, sobre a que aínda hai dúbidas, é outro dos pratos fortes para a venda.

Reportaje | Nas mesas de Arousa, sempre con marisco

Te puede interesar