Reportaje | As Revenidas, música, sardiñas e solidariedade para ser feliz

Reportaje | As Revenidas, música, sardiñas e solidariedade para ser feliz
A presentación do festival As Revenidas contou cun adianto da actuación de Xurxo Souto coa Coral de Vilaxoán | cedida

As Revenidas chega este ano á súa décimo quinta edición e faino cun cartel do que forman parte máis de corenta bandas e que será máis igualitario que nunca, con presencia feminina en máis dunha decena de actuacións. É só unha parte da oferta dun evento que leva con orgullo a identidade vilaxoanesa.
Así puido verse onte na presentación, que contou cunha actuación da Coral de Vilaxoán acompañada por Xurxo Souto. Foi só un aperitivo do que se poderá ver na actuación, durante o festival, da banda Xangai.
“As Revenidas non é normal. É un modelo de festival galego que deixa coa boca aberta a xente que ven de fóra”, explicou Souto, que colabora coa asociación A Repichoca na organización do festival, sendo, por exemplo, o promotor dos concertos a bordo dunha embarcación tradicional, que repetirán este ano.
Soziedad Alkoholika, El Drogas, Zoo, Russkaja, The Real Mckenzies, Ayax y Prok ou Dakidarría encabezan un cartel do que forman parte máis de corenta bandas que actuarán no recinto pechado os días 17, 18 e 19 de agosto. Os interesados en asistir poden mercar xa o abono de tres días por un prezo de 35 euros e a entrada dunha soa xornada por vinte, a través da web www.revenidas.com, nos puntos de venda ou nas oficinas de Correos de todo o territorio español.
Ademais As Revenidas non perde o carácter gastronómico que lle dá nome. As sardiñas seguen a ser o ingrediente principal do evento, e Xoán Quintáns, de A Repichoca, é consciente de que, nesta ocasión, levalas á mesa supuxo un esforzo engadido. “Foi un ano moi duro para o sector do xeito, pero o cota está aberto e está case garantida a sardiña”, explicou o promotor do evento.
Coidado ecolóxico
A organización da pasos adiante para avanzar, cada ano, na defensa de valores, como a defensa da lingua pero tamén o respecto medio ambiental. Neste último ámbito enmárcase unha das medidas deste ano, que consiste en cobrar os vasos de plástico a un euro que devolverase en canto o vaso retorne ao punto de venda. Así, ademais, “afórrase en limpeza”, explica Quintáns. Outra novidade é que as pulseiras serán moedeiros, coa implantación do sistema cash. Unha parte importante do festival son as actividades paralelas, como a Gran Gala de Circo Solidaria, “Gala das liberdades”, a favor de Pallasos en Rebeldía, a Sardiñada Popular, diferentes propostas gastronómicas a cargo de chefs con Mahou, música sounsystem non stop no Recuncho DUB ou a Feira Revenida, onde os protagonistas serán o talento, a creatividade, a innovación, as figuras emerxentes no mundo das artes e os produtos culturais galegos.
Respaldo institucional
As Revenidas conta co apoio da Deputación de Pontevedra, do Concello de Vilagarcía e da Xunta de Galicia, a través de Agadic. A axencia autonómica estará presente no festival con stand propio, desde o que se coordinarán e difundirán accións de difusión e sensibilización política e medio ambiental, en colaboración directa con outros departamentos da Xunta, como Medio Ambiente, Igualdade ou Política Lingüística. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, animou a todo aquel que “queira ser feliz” a que acuda a As Revenidas, un festival ao que “é unha obriga apoiar”. l

Reportaje | As Revenidas, música, sardiñas e solidariedade para ser feliz

Te puede interesar