Reportaxe | Unha andaina con memoria

Reportaxe | Unha andaina con memoria
A andaina está organizada pola Iniciativa Cidadá pola Memoria | gonzalo salgado

Unha camiñata pola historia da memoria vilagarciá. Esta é a nova proposta da Iniciativa Cidadá pola Memoria fixada no calendario para o próximo día 14. A idea non é outra que a de dar a coñecer eses lugares marcados pola barbarie do golpe militar franquista e recuperar a memoria dos asasinados.


Esta particular viaxe pola memoria partirá ás dez e media da mañá do cemiterio municipal, fosa común na que foron enterradas vítimas do réxime. A camiñata seguirá ata o lugar de Loenzo, donde está ubicado un dos paneis “da memoria” e donde se ofrecerá unha explicación das historias que nese punto aconteceron. A continuación a andaina segue ata Os Martices, outro punto clave no que tamén existe un dos paneis da memoria, que contará tamén cunha explicación sobre os que alí asasinaron.

A ruta segue ata o barrio de San Roque, xusto o lugar no que estaba o antigo cuartel da Garda Civil, significativo tamén cando se fala de represión e de mortes. De seguido a próxima parada será o Concello donde, entre outras historias, se contará o momento no que Elpidio Villaverde e o xuíz Luis Pando proclamaron a República no balcón do Consistorio. A camiñata continúa ata a zona do Ramal, xusto xunta o edificio que albergaba a sede da Falange e que agora acolle a Escola Municipal de Música e rematará no monumento das Rosas Rotas, no parque Miguel Hernández.

Un total de 4,3 kilómetros
A “Andaina pola memoria” ten un percorrido de 4,3 kilómetros e a dificultade para percorrelo é baixa. A organización estima que a duración do mesmo é duns 90 minutos. Dende a Iniciativa Cidadá apuntan que as paradas explicativas que se farán “non coinciden” en todos os casos coa proposta de “Roteiros da memoria” que, precisamente, buscan sinalar aqueles lugares marcados pola ditadura.

Para participar na andaina non é preciso anotarse previamente, só estar no lugar sinalado á hora da saída.

Reportaxe | Unha andaina con memoria

Te puede interesar