Reportaxe | Os centros de ensino honran con flores á escritora da natureza

Reportaxe | Os centros de ensino honran con flores á escritora da natureza
Diario de Arousa-2018-05-17-011-6a3399c8

Os animais, a natureza e o medio ambiente foron claves na concepción da escrita e da vida de María Victoria Moreno, autora á que este ano se adican as Letras Galegas. Os estudantes, mestres e comunidades educativas dos centros de ensinanza de Cambados honraron onte á autora coa tradicional ofrenda floral, que a Concellería de Cultura volveu impulsar no paseo da Calzada. 
Foi un acto sinxelo, pero multitudinario, no que non faltaron as lecturas de obras da creadora, nin as intervencións e actuacións tamén xa un clásico da celebración das Letras en Cambados. Xustamente, é intención do departamento de Cultura a confluencia neste tipo de eventos dos dous eidos: O cultural e o educativo, que deben ir da man, defende o concelleiro da área, Víctor Caamaño.

Máis espectáculos
O programa previsto incluiu tamén onte a posterior escenificación do espectáculo “tic-tac-toc”, de cantautor Pablo Díaz. 
A última hora da tarde, ademáis, presentouse en Exposalnés o libro-CD “Herdeiras”, de Carmen Penín, que ofrecerá un concerto o venres 18 (20 horas, auditorio). 
No acto de onte tamén se proxectou a curtametraxe “Bucle”, de Margarita Ledo.

Reportaxe | Os centros de ensino honran con flores á escritora da natureza

Te puede interesar