Reportaxe | Pasatempos para xogar e promocionar o uso da lingua galega

Reportaxe | Pasatempos para xogar e promocionar o uso da lingua galega

O alumnado e profesorado do instituto Castro Alobre de Vilagarcía volve a ser referente na promoción do uso do galego na capital arousá. “Que boa falta fai”, sinalan dende o centro. Por terceiro ano consecutivo o equipo de Normalización Lingüística deste instituto pon en marcha unha campaña en colaboración coa hostalería local para promocionar o uso da lingua galega e normalizala en ámbitos de ocio e distracción. Así pois os rapaces repartirán milleiros de servilletas entre os bares e cafeterías da cidade nas que aparecen debuxados pasatempos cun toque moi local. Os autores deses pasatempos son cinco rapaces do centro que botaron man do seu enxeño para facer uns crebacabezas aptos para todos os públicos.
Así pois Alejandro Baños, de 1º da ESO, é o autor dunha sopa de letras na que teñen que atoparse seis partes do corpo; Carla García Bemposta, de 4º da ESO, elaborou un labirinto no que hai que atopar a lingua que se fala en Vilagarcía: o galego; Marina Chaves, de 1º de Bacharelato, apostou por facer unha sopa de letras na que hai que atopar 10 festas que se celebran na cidade; pola súa banda Tania Portela Fariña, de 1º da ESO, reta a atopar 10 animais da nosa fauna e Noemí Abalo Lojo, de 4º da ESO, anima a descubrir cinco praias de Vilagarcía.
Esta campaña de promoción da lingua galega súmase a outras dúas realizadas con anterioridade por este mesmo centro. O primeiro ano elaboráronse salvamanteis e o segundo pousavasos. Sempre coa colaboración e autoría do alumnado.
As ideas xurdiron do centro educativo e a financiación correu a cargo do departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vilagarcía.
Pola súa banda son un total de 11 mestres os que se reúnen cada semana no equipo de Normalización do centro. “E outros 3 ou 4 máis que non poden vir ás reunións, pero que colaboran. Ter máis dun idioma é un orgullo e hai que coidalo”, reflexionaban dende o centro educativo. l

Reportaxe | Pasatempos para xogar e promocionar o uso da lingua galega

Te puede interesar