De rodaxe en Carril co chef Neven Maguire

De rodaxe en Carril co chef Neven Maguire
Responsables de Amarcarril ensináronlle a Neven Maguire a arte do marisqueo |

Carril está de moda, alomenos para os ollos das cámaras e personaxes internacionais. Boa mostra diso é que onte o chef irlandés Neven Maguire desembarcou na localidade arousá para gravar coas mariscadoras diferentes pezas para un dos seus programas de televisión.


A visita deste prestixioso chef irlandés estivo promovida polo colectivo de mariscadoras turísticas Amarcarril que lle ensinaron ao propietario de Macnean House and Restaurant as riquezas dos bancos marisqueiros e as cualidades específicas que ten a ameixa de Carril dende o punto de vista gastronómico.


Neve Maguire é moi coñecido no seu país polos numerosos premios recibidos e tamén porque escribir varios libros e sae en varios programas televisivos.


Dende Amarcarril apostan por este tipo de convidados e iniciativas para dar a coñecer o traballo que as mariscadoras desenvolven no seu día a día e tamén defender a calidade da ameixa que se sementa, se cultiva e se comercializa.


De feito estas visitas téñense feito tamén con entidades e asociacións como un labor formativo e turístico.

De rodaxe en Carril co chef Neven Maguire

Te puede interesar