Reutilizarán a barandilla para dotar de máis seguridade a zonas do rural

A nova balaustrada de Vilaxoán, na praia de O Preguntoiro, xa empeza a tomar forma. As obras continúan a bo ritmo nunha actuación a cargo de Portos de Galicia e que servirá para mellorar a seguridade dos peóns e para rexenerar e unificar a fachada marítima do municipio. O alcalde, Tomás Fole, valorou de forma positiva a nova imaxe desta zona, á vez que indicou que a barandilla que están retirando será reutilizada para mellorar a seguridade en diversos puntos do rural, como poden ser as áreas infantís ou incluso zonas concretas nas que existan importantes desniveis que poidan supoñer un risco para as persoas que pasen polo lugar. 
No que respecta aos traballos que se están levando a cabo nestes momentos e qeu consisten nunha balaustrada que unifica a imaxe coa xa existente na zona de A Compostela, contan cun orzamento de 250.000 euros e coa previsión de que estean finalizados no mes de xullo.
Prevese que disponga de miradores con sillares de 40 centímetros de ancho e 2,50 metros de alto. Ademáis, tamén está prevista unha actuación no entorno que inclúe a sustitución de losetas e alcorques en mal estado.
A nova imaxe da praia de O Preguntoiro con esta balaustrada convence non só aos responsables da administración local, senón tamén aos veciños. O colectivo de Vilaxoán amosou a súa satisfacción coa actuación que Portos de Galicia está realizando para sustituir a barandilla actual. E é que dará unha renovada imaxe agora que a praia de O Preguntoiro recuperou a tan esperada Bandeira Azul, que volverá a ondear este verán en Vilaxoán. n  

Reutilizarán a barandilla para dotar de máis seguridade a zonas do rural

Te puede interesar