Revenidas 2019 será a segunda fin de semana de agosto e deixa de coincidir coa Festa da Ameixa

Revenidas 2019 será a segunda fin de semana de agosto e deixa de coincidir coa Festa da Ameixa
Diario de Arousa-2019-01-05-007-19fe8c00

O festival Revenidas de Vilaxoán muda de datas neste 2019 que acaba de comezar. A organización acaba de anunciar que a cita cultural e festivaleira terá lugar a segunda fin de semana de agosto, deixando de coincidir así despois de varios anos, coa celebración da Festa da Ameixa e tamén coa do Combate Naval. Unha coincidencia que provocou determinadas diferencias entre a administración local e a Cofradía de Carril e a Agrupación de Parquistas.
    O Revenidas é unha cita festivaleira que está baixo o cuño dos Rías Baixas Fest que inclúe outros eventos como o Portamérica ou o Atlantic Fest, entre outros da provincia de Pontevedra.
     Co cambio de datas para os días 9, 10 e 11 de agosto o Revenidas celebrase xusto antes da semana grande das festas de San Roque aínda que, como xa aconteceu en anos anteriores, é moi probable que o Concello inclúa esta cita musical no programa festivo das patronais.
     Polo momento non se adiantou nada dende a organización das Revenidas respecto do programa de concertos previsto para a próxima edición. Iso si, serán novamente tres días de concertos tanto no espazo do Porto (pechado e de pago) como nos escenarios do exterior para todo tipo de público e de balde.
     A maiores o Revenidas tamén inclúe a parte gastronómica, coa gran sardiñada popular no parque de Dona Concha que, ano tras ano, acolle a milleiros de persoas.
     O ano pasado o festival vilaxoanés abreu as súas portas a  un estudo de investigación que confirmou o seu asentamento como unha das citas musicais máis destacadas da provincia de Pontevedra e un dos festivais, ademais, cun cuño de identidade propio e moi ligado á localidade que o acolle.

Revenidas 2019 será a segunda fin de semana de agosto e deixa de coincidir coa Festa da Ameixa

Te puede interesar