Revenidas arranca hoxe a súa edición “en conserva” coa música de De Vacas e Nelson Quinteiro

Revenidas arranca hoxe a súa edición “en conserva” coa música de De Vacas e Nelson Quinteiro
De Vacas actúan hoxe de balde na primeira xornada do Revenidas “en conserva” |

Será un Revenidas “en conserva”, como decidiu chamarlle a organización a esta edición, pero que gozará dos elementos propios do festival doutros anos. A cita vilaxoanesa inicia hoxe unha programación de catro días con amplas medidas de seguridade, control exhaustivo de aforo e distanciamiento social para gozar de actividades e concertos ao aire libre para os que as localidades están practicamente esgotadas
     

Así pois nesta primeira xornada de Revenidas o encargado de inaugurar esta edición tan especial será Nelson Quinteiro a partir das oito da tarde no escenario da Praza Rafael Pazos. Xusto a continuación, ao fío das nove da noite, será a quenda de De Vacas e Cuernicornios no Escenario Fest Galicia do Porto de Vilaxoán. Ambas actuaciones son de balde e é preciso reservar entrada na web do festival

     Coa intención de dar cumprimento ás normas ditadas pola pandemia do coronavirus o festival diversifica este ano escenarios. Ademais, como vén sendo habitual, compatibiliza os concertos de pago cos de balde. Iso si, para todos é preciso a reserva de entrada. Ao escenario de pago subiranse artistas de renome no panorama musical galego como Ses ou Dakidarría. Estes concertos teñen un cupo máximo de asistencia de 500 persoas.

      Cabe recordar que o Revenidas “en conserva” xa comezou con algunhas pinceladas hai unhas semanas coa viaxe no Chasula e tamén co roteiro musicalizado a cargo do polifacético Xurxo Souto. A partir de hoxe e ata o domingo vén o groso dunha programación que dotará a Vilaxoán de actividades de todo tipo e que culminará cunha fusión de Revenidas e Festivala como modo de reivindicar a figura da muller a todos os niveis.

      Vilaxoán volverá a converterse no epicentro da cultura galega e dun festival con cuño propio.

Revenidas arranca hoxe a súa edición “en conserva” coa música de De Vacas e Nelson Quinteiro

Te puede interesar