Revenidas opta a facerse con cinco galardóns no Iberian Festival Awards

Revenidas opta a facerse con cinco galardóns no Iberian Festival Awards
Una actuación diurna durante o Festival de Revenidas | d.a.

A longa tranxectoria e o bo facer da organización son as claves para que o Revenidas de Vilaxoán opte a cinco galardóns no Iberian Festival Awards 2018. Alomenos a cita musical e cultural arousá está nominada en cinco categorías diferenciadas e será o vindeiro 15 de marzo, nunha gala que terá lugar no Fórum Lisboa, cando se coñecerán os premiados.
O Festival Revenidas está distinguido nas nominacións como Mellor Festival de Medio Formato. Tamén como “Mellor promoción turística”, “Mellor programación cultural”, “Mellor marca promocional con Deleite” e pola súa “Contribución á Sustentabilidade”.
Os Iberian Festival Awards premian aos mellores festivais (en diferentes formatos e categorías) tanto dos que se celebran en España como en Portugal. De feito Revenidas cóase este ano con escenarios multitudinarios e de primeiro nivel como poden ser o Mad Cool, o Bilbao BBK Live ou outros de corte máis galego como pode ser o Resurrection Fest.
A clave de Revenidas, e tamén o seu forte, vén dada polo seu forte carácter identitario moi pegado á cultura marítima e do pobo de Vilaxoán. Tamén á cultura galega e ao respecto pola diversidade. De feito Revenidas é recoñecido como o “festival das linguas”, achegando ata o escenario de Vilaxoán a diferentes países e cultura. Estes elementos, xunto co seu toque solidario e vencellado á gastronomía popular, son a súa carta de presentación no Iberian Festival Awards. l

Revenidas opta a facerse con cinco galardóns no Iberian Festival Awards

Te puede interesar