O Revenidas de Vilaxoán, nominado en catro categorías nos Iberian Festival Awards

O Revenidas de Vilaxoán, nominado en catro categorías nos Iberian Festival Awards
Diario de Arousa-2018-12-06-005-7f6f8b01

O Revenidas de Vilaxoán está nominado en catro categorías diferentes aos Iberian Festival Awards, uns prestixiosos galardóns que premian a espectáculos musicais e culturais de diferentes puntos en distintas modalidades. Así pois o Revenidas opta a convertirse no mellor festival de medio formato, ou tamén a levar o premio pola mellor programación cultural. Do mesmo xeito tamén está nominada a proposta de activación da marca Deleite e a mellor actuación e performance da man do concerto de Zoo.
Cabe destacar que non son os únicos galardóns aos que estivo nominado o festival vilaxoanés no último ano. De feito cabe recordar que tamén contou con recoñecemento en seis categorías diferentes nos Premios Fest, que destacan aos mellores festivais do país.
Dous países
Os Iberian Festival Awards non só premian ás citas musicais e culturais que se celebran en España, senón aos que teñen lugar en Portugal, un país moi familiarizado con este tipo de eventos. Cabe recordar ademais que, segundo un estudo realizado na última edición de Revenidas, moitos portugueses acoden ano tras ano a Vilaxoán para gozar dunha cita festivaleira que coloca a esta pequena localidad arousá no mapa da cultura internacional. 
      O que buscan os Iberian Festival Awards é fomentar precisamente a interrelación entre os públicos de toda a península, así como destacar os programas festivaleiros e culturais máis relevantes en diferentes categorías.
      Cabe recordar que o Revenidas de Vilaxoán medra cada ano máis e vai gañando peso non só nas actuacións musicais de pago, senón tamén en todas as propostas culturais que se celebran fóra do recinto pechado e que implican a toda a cidadanía vilaxoanesa, sexa da idade que sexa.
     Precisamente entre os puntos fortes do Revenidas está o seu arraigo local e a implicación de toda a ciudadanía local. Aparte do fomento da cultura galega tamén destaca a aposta polo lado máis solidario e por dar a coñecer a artistas que aínda están despegando.
      O Festival Revenidas é o único que, a día de hoxe, se celebra no término municipal de Vilagarcía.

O Revenidas de Vilaxoán, nominado en catro categorías nos Iberian Festival Awards

Te puede interesar