Rexistran cinco denuncias por exceso de horario en locais na última semana

Rexistran cinco denuncias por exceso de horario en locais na última semana
Imaxe da Festa da Auga 2018, un dos eventos máis multitudinarios da semana grande de San Roque |

O Concello de Vilagarcía ten rexistrado nunha semana un total de cinco denuncias por exceso de horario de peche en locais hostaleiros da capital arousá. Concretamente tres das denuncias son referentes ao sábado día 11, mentres que outras dúas foron a esta última fin de semana, concretamente ao día no que se celebrou o Combate Naval. Unha vez que as denuncias presentadas sigan os cauces administrativos habituais os titulares dos locais hostaleiros poden enfrontarse a sancións económicas.
Cabe recordar que moitos locais hostaleiros, sobre todo aqueles vencellados á coñecida como “movida” nocturna, teñen solicitado ao longo deste verán a ampliación do horario de peche dacordo coa normativa vixente. En verán, ao haber festas e turismo na zona, os establecementos aproveitan para pechar máis tarde. De feito o Concello de Vilagarcía ten aprobado numerosas ampliacións de horario de peche ao longo dos últimos meses de estío, sempre no marco da Xunta de Goberno Local. Aínda así moitos locais hostaleiros, a xulgar polas denuncias que se están a tramitar nestes intres, non cumpren coa normativa vixente.
Cabe recordar que os maiores problemas, non só durante o verán senón durante todo o ano, se producen nos locais da “movida” da zona TIR. De feito en máis dunha ocasión se ten advertido que algúns destes locais están abertos ata ben entradas as sete ou as oito da mañá.
De feito moitas persoas chegadas doutras localidades teñen a Vilagarcía e, concretamente, á zona TIR como última parada da “movida” dos sábados. En máis dunha ocasión os axentes da Policía Local se teñen queixado dos excesos derivados deste tipo de “movida”.
En principio, e segundo fontes municipais, non se ten rexistrado ningún tipo de denuncia respecto á noite previa á Festa da Auga. Ben é certo que houbo locais hostaleiros que permaneceron abertos de forma ininterrompida ata as cinco da tarde. l

Rexistran cinco denuncias por exceso de horario en locais na última semana

Te puede interesar