Rubiáns acolle un concerto-homenaxe á figura do ilustre Celso Emilio Ferreiro

Rubiáns acolle un concerto-homenaxe á figura do ilustre Celso Emilio Ferreiro
xurxo abuín presentou onte o concerto que se desenvolverá o venres en o souto f.s.

O local social do Souto de Rubiáns acolle este venres a partir das nove da noite un concerto de primeiro nivel en homenaxe ao ilustre poeta Celso Emilio Ferreiro. O presidente da asociación de veciños, Xurxo Abuín, presentou onte o contido dun espectáculo que será totalmente de balde para todos os que se acheguen a esta parroquia.

Cunha duración aproximada dunha hora e cunha media de dez pezas diferentes, a música e a voz correrán a cargo de varios músicos da terra. Sobre o escenario estará María Manuela (que xa estivo en Rubiáns en anteriores ocasións), así como Mero e Mini, ademáis de Xiana Lastra.

Dende Rubiáns definen esta actuación como unha oportunidade única para coñecer un pouco máis de preto o contido da obra de Celso Emilio musicalizada.

Ademais, aqueles que así o desexen tamén terán a oportunidade de mercar un libro-disco sobre a figura deste ilustre escritor que pretende converterse na primeira dunha grande biblioteca musicada na que tamén estarán Rosalía de Castro e outros autores senlleiros.

 Non é a primeira vez que a asociación O Souto de Rubiáns ofrece programación de primeiro nivel de balde nun local que é todo un referente en canto a cultura no municipio.

Rubiáns acolle un concerto-homenaxe á figura do ilustre Celso Emilio Ferreiro

Te puede interesar