A sardiña mollou o pan en Revenidas, que remata hoxe con concertos de luxo

A sardiña mollou o pan en Revenidas, que remata hoxe con concertos de luxo
Centos de persoas abarrotaron o parque de Dona Concha donde, aparte da sardiñada, houbo degustación de cociñeiros de primeiro nivel. Familias enteiras gozaron dunha xornada con temperaturas envexables| gonzalo salgado

Non hai Revenidas sen sardiñas e é quizáis esta cita gastronómica o evento con máis identidade do festival vilaxoanés. Centos de persoas (grupos de amigos, parellas e familias enteiras) abarrotaron onte o Parque de Dona Concha para gozar dunha boa ración da sardiña “revenida” que, por esta época, tamén molla o pan. A sardiñada só foi un dos atractivos dunha xornada na que a música volveu reinar na zona portuaria desta vila mariñeira. “El Drogas”, “Tremenda Jauría” ou os “Steven N´Seagulls” foron dos máis aplaudidos polo público.
Hoxe, máis
En todo caso Revenidas aínda ten moito que dar ao longo da xornada de hoxe cos concertos a bordo do Chasula en pleno corazón da Ría de Arousa. A partir das seis da tarde na zona portuaria e de pago será a quenda de concertos como o de Auxili, El Diluvi, Banda Xangai, Russkaja ou Dakidarría. Será así como Revenidas se despedirá da edición na que cumpre 15 anos e coa idea de seguir sumando aínda máis. l

A sardiña mollou o pan en Revenidas, que remata hoxe con concertos de luxo

Te puede interesar