A Semana do Cine de Ádega trae música, obradoiros e coloquios para cinéfilos

A Semana do Cine de Ádega trae música, obradoiros e coloquios para cinéfilos
A presentación do programa tivo lugar onte no Salón García |

Un ano máis o Cineclube Ádega trae o mellor do séptimo arte ao verán vilagarcián. Mañá mesmo arranca unha intensa programación que incluirá proxeccións de curtas e largometraxes, concertos na rúa e obradoiros pensados tanto para os máis entendidos no mundo do cine como para aqueles que só o ven por ocio ou curiosidade.
O presidente de Ádega, Fernando López, e a edil de Cultura, Sonia Outón, foron os encargados de debullar un programa de actos que finaliza o venres día 4.
A principal novidade da presente edición é a realización dun obradoiro a cargo do experto David Hernández baixo o título de “A composición da imaxe no cinema. Cómo compoñer o plano cinematográfico”. Será o martes, mércores e xoves a partir das sete da tarde no Salón García e está pensado non só para os entendidos na materia, senón incluso para os máis profanos que queiran coñecer de moi preto a creación cinematográfica. O obradoiro consistirá en dúas horas cada día e o prezo é de 5 euros para os non socios e os que o son non terán que pagar nada.
Proxeccións
O aspecto máis cinematográfico da Semana de Ádega vén da man dos encontros con cineastas, todos eles no Salón García. O primeiro será o luns (ás 21.30) a cargo do director Mario Iglesias, premiado en diferentes festivais nacionais e internacionais. Xusto a continuación proxectarase unha das súas curtas, “Vecinos”, e tamén a longametraxe de Jim Jarmusch “Paterson”.
O martes o encontro será con David Hernández, realizar e director de fotografía que falará sobre a súa obra. Proxectarase neste caso a curta “Spaces of Time #3- Zaragoza”, asinada por el mesmo e xusto a continuación a longametraxe “El viajante”, de Asghar Farhadi.
O mércores será o director de animación Alberto Vázquez o encargado de dar a súa visión do cine e de falar sobre o seu traballo. Proxectarase a súa curta “Decorado” e a longametraxe “Psiconautas, los niños olvidados”, tamén asinado por el.
Os encontros cinematográficos proseguen o xoves coa directora Olga Osorio que presentará e proxectará o seu último traballo “Einstein-Rosen”, co que competiu en sección oficial no Festival de Sitges e co que gañou infinidade de certames. Tamén se porá a longametraxe “Elle”, de Paul Verhoeven. O venres proxectarase pola súa banda a longametraxe de Aki Kaurismäki “El otro lado de la esperanza”.
Dende o Cineclube Ádega sinalaron que os socios poden entrar de balde a todas as proxeccións e encontros con cineastas. Pola súa contra os non socios poden abonar a entrada por día por 4 euros ou ben facerse cun abono que dá acceso a todas as proxeccións por 10 euros. Tanto a compra das entradas como a dos abonos pode facerse durante toda a Semana do Cine dende as 21 horas no Salón García. l

A Semana do Cine de Ádega trae música, obradoiros e coloquios para cinéfilos

Te puede interesar