A senlleira procesión dos lacóns de Vilar conseguiu recadar 402 euros para a parroquia

A senlleira procesión dos lacóns de Vilar conseguiu recadar 402 euros para a parroquia
A procesión dos lacóns estivo acompañada de dúcias de fieis. Sete mulleres portaron as cestas coas ofrendas e coas pezas que se subastaron e acadaron prezos de entre 30 e 115 euros. A recadación total para a parroquia fo

Os lacóns e o fervor dos veciños volveron ser os protagonistas un ano máis da emblemática “procesión dos lacóns”, con motivo da celebración da Festa da Candeloria no lugar de Vilar, en Valga. Un total de oito patas de porco encabezaron a procesión dende Vilar ata a igrexa de Cordeiro. Foron sete as mulleres que portaron as ofrendas diante de San Antonio, San Roque e San Paio co acompañamento de numerosos veciños. Os prezos do lacón oscilaron entre os 30 e os 115 euros, recadándose na poxa un total de 402 euros para a parroquia. Entre os compradores estaban grupos de veciños e de familiares, así como colectivos como a Asociación de Amigos do Belén, que adquiriu dúas pezas.

Longa tradición
A procesión dos lacóns é unha das tradicións relixiosas máis senlleiras de cantas se celebran en Valga. De feito dise que a súa orixe se remonta ao século XIX, cando unha epidemia de peste afectou ao gando e provocou que os veciños comezasen a facer estas ofrendas aos santos. O día 25 de xaneiro, festividade de San Paio, San Antonio e San Roque, trasládanse dende a igrexa de Cordeiro ata a capela de Vilar como homenaxe ao patrón desta aldea. Alí permanecen durante máis dunha semana ata o día da Candeloira, cando San Antonio e San Roque regresan en procesión ata o templo de Cordeiro co acompañamento de San Paio.
Un ano máis, e pese ás baixas temperaturas, dúcias de persoas participaron neste evento sen igual na comarca.

A senlleira procesión dos lacóns de Vilar conseguiu recadar 402 euros para a parroquia

Te puede interesar