Ses recala en Vilagarcía como prato forte das festas de Santa Rita

Ses recala en Vilagarcía como prato forte das festas de Santa Rita

A artista e cantante bergantiñá María Xosé Silvar “Ses” recalará en Vilagarcía como prato forte do programa de festas de Santa Rita. Farao cun concerto gratuíto o vindeiro día 20 de maio no parque da Xunqueira. Así pois o goberno local socialista aposta por un concerto de entidade, unha fórmula que funcionou ben nos últimos anos e que se complementa coa opción das verbenas.
Ses non estará soa no escenario da Xunqueira, senón que o goberno aposta a maiores polos grupos e formacións locais. De feito os teloneiros serán “Sanjurjo & Dopico”, un grupo conformado por varios vilagarciáns.
Ses e a súa banda actuarán nas festas de Santa Rita dentro da xira de presentación do seu novo traballo, “Opoñerse á extinción”, un disco no que rebosa enerxía e que supón un xiro respecto aos seus traballos discográficos anteriores. Iso si, sen esquecerse do seu estilo puramente combativo e con unha forte carga social nas súas letras.
A xira de “Opoñerse á extinción” conseguiu colgar o cartel de “completo” nas cidades nas que recalou unha artista que, nos últimos anos, se ten convertido nun auténtico fenómeno social.
Os teloneiros, “Sanjurjo & Dopico”, está conformada polo vilagarcián Manuel Dopico (antes en A Roda, Leixaprén ou Balakandra) e por Martín Sanjurjo, natural de San Sadurniño. No concerto de Vilagarcía actuarán no formato de quinteto con Rubén Lamas ao baixo, Álvaro Cardalda ao acordeón e teclado e Carlos Pedrosa á batería. n

Ses recala en Vilagarcía como prato forte das festas de Santa Rita

Te puede interesar