Os sindicatos con presenza no Concello e unha asociación caldense alegan ao Orzamento de 2018

Os sindicatos con presenza no Concello e unha asociación caldense alegan ao Orzamento de 2018
Alberto Varela durante a última sesión plenaria | gonzalo salgado

Todos os sindicatos con presenza en Ravella (UGT, CSIF, CCOO e CIG), así como o colectivo caldense Umia Vivo, presentaron alegacións ao Orzamento de 2018 do Concello de Vilagarcía. A presentación destes recursos forza ao executivo que preside o socialista Alberto Varela a convocar un Pleno extraordinario para este mesmo venres ás seis da tarde, no marco do cal se resolverán as citadas alegacións.
No recurso presentado polos sindicatos reflítese a súa disconformidade co feito de que no orzamento non se contemple a cantidade suficiente para afrontar a aprobación da Relación de Postos de Traballo (RPT) e que, ademáis, non existe consignación orzamentaria para asumir este mesmo ano o pago da nocturnidade do servizo de emerxencias. Tamén falan da demanda de que se creen tres prazas de oficiais de servizos e outras tantas de policía local, ambos mediante a fórmula de promoción interna.
Respecto a esta alegación dende o goberno sinalan que a RPT está xa “na última fase” e que será precisamente aí donde se definirán tanto a estrutura como as necesidades do Concello. Neste sentido o executivo socialista entende que “as cuestións de recursos humanos deben de abordarse dende unha perspectiva global, non dende a suma de intereses de colectivos determinados”.
Por outra banda a alegación presentada polo colectivo caldense Umia Vivo fai referencia concreta a que debe figurar no Orzamento unha partida presupostaria suficiente para protexer os petróglifos, sobre todo aqueles que se atopan no monte Xiabre. Neste sentido o goberno municipal subliña que o Orzamento de Vilagarcía previsto para este ano 2018 xa contempla unha partida de 150.000 euros para este obxectivo concreto.
Durante a sesión plenaria do venres determinarase se se estiman ou non as alegacións presentadas.
Cabe recordar que o orzamento deste ano foi aprobado, ao igual que aconteceu o ano pasado, cos votos favorables non só dos oito edís do goberno (en minoría) senón tamén co apoio dos dous edís do BNG e tamén do edil non adscrito. Os edís da oposición xa foron convocados á sesión extraordinaria a celebrar a partir das seis da tarde.

Os sindicatos con presenza no Concello e unha asociación caldense alegan ao Orzamento de 2018

Te puede interesar