“Só lle pido aos socios que pensen o que se fixo nestes oito anos”

“Só lle pido aos socios que pensen o que se fixo nestes oito anos”
Diario de Arousa-2014-06-26-008-d4344d19

Catro anos levan os proxectos de Jose Luis Barreiro e parte do seu equipo no caixón, á espera de que se convocasen eleccións na confraría de O Grove. Cre que é preciso cambiar moitas cousas para poñer o pósito “onde lle corresponde”.

Cal foi a principal motivación para presentarse a estas eleccións?
Non hai unha boa organización, non se están levando a cabo ningún dos proxectos que se plantexaron no seu momento e creo que nestes últimos anos estívose a perder o tempo.

Se o sábado a súa lista é a máis votada, cal é o proxecto máis inmediato que van levar a cabo?
En primeiro lugar encargar unha auditoría privada da situación económica do pósito. Queremos que os socios coñezan a realidade e a situación da confraría. Despois será o  momento de falar dunha planta de produción de semilla de ameixa, xa iniciamos algúns contactos, e tamén mellorar a explotación do ourizo e do berberecho. Pero tamén aumentar o plantel de vixiancia sen coste para a confraría.

Cal é o perfil do seu equipo?
Tentamos que estiveran representados todos os sectores. Trátase de xente do mar de toda a vida, pero tamén de incorporacións recentes.

Como están indo as reunións cos socios?
Percibimos que a xente quere un cambio e que peor xa non imos a estar. Nestes oito anos non se fixo nada e parécenos unha falta de respeto que empecen a falar agora da canaílla despois de que foramos nós os que presentamos a súa erradicación no noso programa. Non lles pido o voto simplemente pídolles que boten a vista a tras e pensen o que se fixo.

Que opina da outra candidatura que se presenta ás eleccións do sábado?
Non teño nada en contra deles. Son todos compañeiros e lévome ben coa maioría. O que non entendo é que os que a lideran estiveran en contra de Paco e de Lola e agora se unen. Non sei paréceme un pouco raro todo, pero iso téñenos que valorar os  socios o sábado.

“Só lle pido aos socios que pensen o que se fixo nestes oito anos”

Te puede interesar