Vilagarcía y O Grove suspenden todas las actividades deportivas al aire libre

O Concello de Vilagarcía vén de adoptar diferente medidas de precaución ante os fortes ventos que xa están abatendo a cidade e que se manterán durante toda a xornada de hoxe, martes, 6 de novembro, segundo a previsión dos servizos meteorolóxicos. Ante a alerta laranxa activada polas autoridades autonómicas, a Fundación de Deportes suspendeu todas as actividades deportivas en instalacións municipais e o departamento de Medio Ambiente ordenou pechar os parques do Castriño, Compostela e A Coca.

A suspensión das actividades deportivas nas instalacións municipais afecta tanto aos espazos abertos como aos pavillóns e ten como obxectivo previr riscos na práctica deportiva ao aire libre así como evitar desprazamentos en condicións meteorolóxicas tan adversas como as que están previstas especialmente para esta tarde. Cómpre salientar que pola tarde son maioritariamente nenos e nenas os que fan uso das instalacións deportivas municipais a través das actividades extraescolares e das que organizan a Fundación de Deportes e os clubs deportivos. Non obstante, o peche dos pavillóns obrigará tamén a suspender os adestramentos dos clubs previstas para hoxe.

Tamén como medida de precaución, o concelleiro de Medio Ambiente ordenou pechar os parque da Compostela, o Castriño e A Coca, debido ao efectos que os fortes ventos puideran ter nas árbores destas zonas verdes nas que predominan exemplares antigos e de gran porte. Prégase aos cidadáns que respecten os peches para evitar riscos innecesarios.

Segundo a alerta laranxa decretada polo 112, entre as 12 do mediodía e as 12 da noite prevense fortes ventos con rachas de ata 100 quilómetros por hora.
O persoal do servizo Municipal de Emerxencias e da Fundación Municipal de Deportes xa comezaron a sinalizar e comunicar os pechas dos parques e das instalacións deportivas.

O Concello do Grove tamén suspendeu as actitvidades ao aire libre

Vilagarcía y O Grove suspenden todas las actividades deportivas al aire libre

Te puede interesar