Os técnicos do Concello elaboran o plan de mellora e usos do centro do Preguntoiro

Os técnicos do Concello elaboran o plan de mellora e usos do centro do Preguntoiro
Imaxe da fachada do centro social do Preguntoiro, en Vilaxoán | g. salgado

Técnicos do Concello de Vilagarcía elaboran o plan de melloras e usos do centro sociocultural do Preguntoiro. Estas instalacións son utilizadas a día de hoxe pola Asociación de Veciños e polo Club de Remo Vilaxoán e adoecen dunha importante mellora que faga máis factible a realización de actividades no interior. É por iso que dende o goberno local xa se reuniron cos dous colectivos que utilizan actualmente as intalacións para chegar a un punto de encontro sobre as obras que se van acometer na zona. Unha vez que os técnicos municipais rematen o proxecto este deberá ser remitido a Portos de Galicia para que este autorice ou non as actuacións a levar a cabo nas instalacións.

Cabe recordar que dende a Asociación de Veciños pedíronlle ao Concello a posibilidade de rehabilitar os camerinos e tamén mellorar a cuberta, dado que cando chove moito esta ten humidades e incluso chove no salón de actos.
Pola súa banda dende o Club de Remo consideran que o espazo que ocupan actualmente non é suficiente para acoller a todos os rapaces que están nas diferentes categorías e que precisan máis zona para “medrar”.
Dende o Concello aseguran que o proxecto que se está a redactar por parte dos técnicos municipais conta co beneplácito das dúas entidades que están xa dacordo no reparto de zonas dentro das propias instalacións.
Ravella recalca ademais que unha vez rematadas as obras sacarase a concesión o bar do centro social.

Os técnicos do Concello elaboran o plan de mellora e usos do centro do Preguntoiro

Te puede interesar