Os Terribles e o Gato Negro conmemoran as Letras Galegas

Os Terribles e o Gato Negro conmemoran as Letras Galegas
Diario de Arousa-2016-05-17-006-bb1ad6af_1

Os Terribles de Arousa elixiron  unha significativa data, o Día das Letras Galegas, para presentar o seu quinto disco: “Barrabás”. Será esta noite, a partir das oito e media, no Salón García, e estarán acompañados no escenario por representantes do grupo “Os encantiños do Umia”.
A data escollida non é ningunha casualidade. Os Terribles son coñecidos por non perderse nin unha soa festa pero fan tamén un importante e documentado labor como defensores e difusores da cultura musical galega.
O disco poderase mercar esta noite no Salón García, nun concerto no que Os Terribles de Arousa presentarán por primeira vez temas cantados.
Unha oportunidade única para pasar o Día das Letras Galegas, que se conmemorará de diversas maneiras no municipio. En Carril, os actos comezarán ás once da mañá cun pasarrúas a cargo dun grupo de gaitas. Unha hora despois haberá unha actuación da Escola de Baile e Pandeireta e da Rondalla do Gato Negro. Ao mediodía terá lugar a tradicional ofrenda floral no busto de Rosalía e despois unha conferencia sobre Manuel María a cargo de Manuel J. Botana..

Os Terribles e o Gato Negro conmemoran as Letras Galegas

Te puede interesar