Toneladas de arte para celebrar a chegada do maio

Toneladas de arte para celebrar a chegada do maio
Diario de Arousa-2019-05-02-008-741e837a

Vilagarcía pode fachandear de ser un dos sitios de Galicia donde máis viva se mantén a tradición dos maios. Boa mostra diso foi a gran cantidade de estruturas florais e artísticas que onte encheron o parque de Miguel Hernández e os milleiros de persoas, de todas as idades, que non quixeron perderse un espectáculo que se trasmite a través da tradición oral. De feito foron case 80 as composicións que se presentaron a concurso, algunhas delas auténticas obras de arte, con coplas reivindicativas e que non deixan de facer un repaso pola actualidade coma se de titulares de prensa se tratase.

A actividade xa era frenética dende primeira hora da mañá, dado que a participación das ANPA dos diferentes centros educativos foi intentísima para ter todo preparado para as coplas que se foron interpretando na explanada do Auditorio ao longo de toda a mañá. Os curiosos, aqueles veciños que dun ou doutro xeito participaron ao longo da súa vida nesta tradición, tamén se achegaron ata o lugar para ver de preto as creacións que non deixaban indiferente a ninguén.

A realidade é que os maios en Vilagarcía teñen premio, sobre todo por participar e dependendo de se se presentan coplas ou non. Deste xeito tamén se promove que as asociacións e os colectivos, así como algunhas familias particulares, sigan participando nesta iniciativa.

A tradición remóntase a unha crenza pagá relacionada co inicio da tempada da colleita.

En Caldas
A tradición dos maios non só está afianzada en Vilagarcía, senón que onte outros concellos colindantes como é o de Caldas participaron nesta celebración cos colexios da localidade. O gañador do mellor maio engalanado foi A Venda, do colexio San Fermín; a mellor copla foi para o san Clemente e a interpretación para o Afonso VII.

Toneladas de arte para celebrar a chegada do maio

Te puede interesar