Un total de 250 deportistas con discapacidade intelectual danse cita este sábado en Fexdega

Un total de 250 deportistas con discapacidade intelectual danse cita este sábado en Fexdega
A presentación das xornadas deportivas tivo lugar onte en Ravella

Un total de 250 deportistas con discapacidade intelectual, así como 66 adestradores, espallados en 20 entidades diferentes procendentes de toda Galicia danse cita este sábado en Fexdega na vixésimo segunda edición dos Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios Special Olympics Galicia. Esta iniciativa está encamiñada a promover a inclusión no mundo do deporte a tarvés da práctica de tenis, tenis de mesa e de bádminton en rapaces con discapacidade intelectual. Por primeira vez a entidade vilagarciá, Con Eles, participará nos xogos cun total de 19 deportistas e dous adestradores.

programa
A xornada deportiva inaugúrase ás once menos cuarto da mañá, momento no que nas mesmas instalacións de Fexdega, terá lugar o desfile de todos os deportistas das entidades participantes. O inicio da competición será ao fío das doce do mediodía. Haberá un descanso para xantar ás dúas da tarde e a competición retomarase sobre as catro. A clausura está prevista ás sete.

Ademais de participar nas modalidades de tenis de mesa, bádminton e tenis, tamén se celebrarán probas motrices como desprazamento, tiro de disco, recepción de pelotas, lanzamento a canasta, lanzamento de precisión, tiro a portería, raquetas e pelotas, equilibrio dinámico e desprazamento con diferentes apoios e bolos.

Dende o Special Olympics destacaron que este tipo de inicitivas serven para "darlle visualización ás persoas cunha discapacidade" e manifestaron a boa acollida que sempre ten este certame en Vilagarcía. O alcalde, Alberto Varela, pola súa banda ofreceu o seu apoio para que estes Xogos Autonómicos sigan celebrándose neste municipio en vindeiras edicións.

O acceso ás instalacións para o público da pé que queira ver os xogos é de balde e totalmente libre.

Un total de 250 deportistas con discapacidade intelectual danse cita este sábado en Fexdega

Te puede interesar