Vilagarcía inicia a desescalada dos servizos habilitados polo confinamento

Vilagarcía inicia a desescalada dos servizos habilitados polo confinamento
O confinamento convertiu as fiestras e balcóns nos lugares para atoparse co mundo exterior e respirar ao aire libre | mónica ferreirós

A redución da demanda dos servizos extraordinarios creados con motivo do confinamento pola Covid-19 leva ao Concello de Vilagarcía a programar a desescalada. A área de Servizos Sociais elaborou un plan que permitirá ir desactivando de forma gradual as ferramentas, que foron moi empregadas durante a cuarentena.

Un plan que se fará dacordo coas fases de flexibilización nas que vaia entrando a comunidade autónoma xa que, inciden desde Ravella, coa fin das limitacións do confinamento vaise reducidno o uso destes servizos.

De feito, unha das primeiras consecuencias foi a redución considerable do número de chamadas ao teléfono de atención continuada habilitado polo Concello. O resto das que se reciben se cursan xa directamente a través das canles habituais. Por elo, o 687073336 reduce o horario de funcionamento, que pasa de 8 a 20 horas. Estará operativo ata o 24 de maio, cando será a centralita de Ravella, ao igual que sempre, a que se encargue das chamadas.

A partir de mañán irá desactivándose, de forma gradual, o servizo de proximidade que leva a cabo o voluntariado, posto que a flexibilización das normas e horarios de saída e ao permitirse desprazamentos, moitas desas funcións poden ser asumidas polos propios usuarios ou por familiares ou amigos. Aínda así, a prestación manterase para aquelas persoas vulnerables que carecen de rede de apoio, vivan soas e precisen axudan, ou sufran patoloxías que as converten en colectivos de especial risco.

Tamén de forma gradual e a partir da próxima semana se irán desactivando as labores de apouo aos escolares, ao contar os centros educativos con personal presencial.

Reforzo de personal
A reincorporación paulatina do plantel municipal tamén permitirá asumir as novas demandas a través das unidades de traballo habituais que, sinalan desde Ravella, veranse reforzadas tanto con recursos humanos como coa ampliación de servizos. De feito, xa se conta cun auxiliar administrativo  máis para ir dando trámite ao maior volume de solicitude de prestacións e axudas que se espera recibir. O departamento que dirixe a socialista Tania García ten previsto seguir implementando persoal. 

En caso de que xurdan rebrotes que fagan necesario unha volta ao estado de alarma, o Concello reactivaría o protocolo nas mesmas condicións.

Vilagarcía inicia a desescalada dos servizos habilitados polo confinamento

Te puede interesar