Vilagarcía mobilízase para esixir máis fondos para loitar contra a violencia de xénero

Vilagarcía mobilízase para esixir máis fondos para loitar contra a violencia de xénero
Diario de Arousa-2018-05-17-008-6a531572

Vilagarcía sumouse onte ás protestas convocadas a nivel estatal para reclamar que o Estado invista máis fondos na loita contra a violencia de xénero. A protesta, convocada por organizacións feministas, saiu da Praza da Constitución e partiu en marcha polas rúas máis céntricas da localidade para rematar coa lectura dun manifesto. Entre os lemas que se escoitaron estaban “menos laciños e máis cartiños” e o “non estamos soas, faltan as asasinadas”. Durante a marcha tamén houbo referencia á última e polémica sentencia xudicial polo tema da “Manada”. De feito houbo lemas como “escucha, hermana, aquí está tu manada”, como xa se tiñan escoitado con anterioridade nas concentracións convocadas contra a sentencia.
     Na marcha de onte reclamaban un Pacto de Estado para que nos orzamentos estatais se incrementen as partidas en materia de igualdade e tamén de loita contra a violencia de xénero, así como as vítimas de violencia machista. De feito entre as pancartas que podían lerse estaban a de “Compromiso=Orzamento”.
     No caso da marcha de protesta de Vilagarcía esta foi capitaneada pola asociación feminista O Soño de Lilith. De feito esta mesma organización é a encargada de organizar a que será a segunda edición do Festivala, un festival pensado por e para mulleres e que se celebrará na parte alta da Praza de Abastos e na Praza da Peixería o vindeiro 9 de xuño. O evento contará con obradoiros, zona d exposición, presentacións e música diversa, todo asinado con nomes femininos.

Vilagarcía mobilízase para esixir máis fondos para loitar contra a violencia de xénero

Te puede interesar