Vilagarcía programa actividades en rede e concursos para os nenos nos días non lectivos do Nadal

Vilagarcía programa actividades en rede e concursos para os nenos nos días non lectivos do Nadal
O Mercado de Nadal é un dos atractivos deste ano | gonzalo salgado

Nin o tradicional baile de Nadal na Peixería nin as actividades e obradoiros multitudinarios do emblemático Fexturrón poderán celebrarse este ano por mor da crise sanitaria do coronavirus, pero dende o Concello de Vilagarcía non queren renunciar a que os máis pequenos da casa conten cunha serie de actividades para pasalo ben na casa, seguros e durante os días non lectivos do Nadal. A edila de Promoción Económica, Alba Briones, presentou onte as actividades previstas para este Nadal para nenos de todas as idades.

A primera delas é “Nube lúdico de Nadal”. Trátase de obradoiros que se retransmitirán en rede e que simularán aos que son presenciais. Haberá actividades de todo tipo para nenos de entre 3 e 7 anos que van desde aspectos de formación alternativa a xogos.

Outra das propostas de Ravella é o tradicional Concurso de Decoración Sostible que, en anos anteriores, tivo moita acollida e se realizaba baixo o amparo dos centros educativos da localidad. Este ano, debido á sobrecarga dos colexios polas obrigacións da Covid, óptase por promover este certame no marcos das familias. O único requisito é que un dos membros teña entre 2 e 12 anos. Cada participante deberá realizar elementos decorativos de Nadal de libre elección utilizando sempre material de refugallo. O prazo para presentalos é ata o día 22 deste mes e os mellores terán premio. O primeiro é unha tablet valorada en 300 euros e o segundo e o terceiro son material de papelería e librería de 200 e 100 euros respectivamente.

A última proposta para o Nadal dos máis pequenos é o certame de Tarxetas de Nadal. Esta actividade está pensada para nenos de entre 3 e 9 anos de idade e o límite de presentación é o día 15. Os gañadores terán a posibilidade de ter unha videochamada ben con Papá Noel ou cos Reis Magos, á súa libre elección.

Alba Briones tamén sinalou que se está traballando para promover animación nas rúas.

Vilagarcía programa actividades en rede e concursos para os nenos nos días non lectivos do Nadal

Te puede interesar