Vilagarcía repartirá máis de 1.500 euros en premios no seu Concurso Internacional da Camelia

Vilagarcía repartirá máis de 1.500 euros en premios no seu Concurso Internacional da Camelia
A exposición da camelia é un dos eventos máis seguidos polo público |

Vilagarcía prevé repartir máis de 1.500 euros en premios nas actividades vencelladas á que será a quinquaxésimo cuarta edición do Concurso Internacional da Camelia. A cita terá lugar os vindeiros 10 e 11 de marzo na Praza da Peixería e reunirá aos amantes da princesa das flores, con moito asentamento na capital arousá.
Así pois entre as actividades vencelladas a este concurso está un concurso de Fotografía da Camelia que repartirá un primeiro premio de 300 euros e dous accesit de 100 euros cadaún. Do mesmo xeito tamén se prevé un certame de Ornamentación de Escaparates, que ten tido moita acollida en edicións anteriores, e que repartirá 500 euros para o primeiro clasificado; 300 euros para o segundo e 200 para o terceiro.
Dende o Concello de Vilagarcía tamén establecerán as bases e as dotacións económicas do que é en si o Concurso Exposición Internacional da Camelia de 2018, con premios aínda por valorar.
Ducias de expositores desembarcarán en Vilagarcía para participar nun evento xa consolidado e que vai gañando notoriedade co paso dos anos.

Vilagarcía repartirá máis de 1.500 euros en premios no seu Concurso Internacional da Camelia

Te puede interesar