Vilaxoán acollerá a estrea de “María Solinha” e o Cine de Verán repártese en dez localizacións

Vilaxoán acollerá a estrea de “María Solinha” e o Cine de Verán repártese en dez localizacións
Ignacio Vilar participou na presentación da programación de “Cine de Verán” en Ravella | gonzalo salgado

Moito cine e, sobre todo, pensado para un público familiar é o que se poderá ver este verán en diferentes puntos de Vilagarcía. A edila de Xuventude, Alba Briones, presentou onte o programa de “Cine de Verán” que este ano chegará a dez localizacións diferentes do municipio coa fin de achegar a cultura ao centro e ao rural e loitar contra as aglomeracións nas actividades. A primeira proxección ía ser onte na Concha co laureado filme “O que Arde”, pero foi cancelado a última hora por mor do vento cando había xa xente esperando para vela. A aposta polo cine en galego e de calidade escenificarase o día 5 de setembro en Vilaxoán coa estrea de “María Solinha”, de Ignacio Vilar, na Praza Rafael Pazos. Vilar explicaba onte na presentación do ciclo de cinema que “María Solinha é unha peza para sentir e emocionarse” e destacou que “fixen esta película para reivindicar a figura desta muller descoñecida e tamén como unha loita contra a impotencia que sinto pola violencia de xénero”. Incidiu ademais en que é un exemplo para coñecer “a nosa historia a través do noso cine”.

En todo caso o cinema que se inclúe no ciclo de verán está pensado máis que nada para os máis cativos. Así pois o luns 3 arranca en Carril con “Corgi las mascotas de la reina”; o seguinte filme será no Piñeiriño o martes 11 con “Mía y el león blanco”. As proxeccións continúan o luns 17 en Rubiáns con “Los Japón” e a seguinte parada é o xoves 20 en Bamio con “Shazam”. O Parque da Xunqueira acolle o domingo 23 a película “Angry birds 2” e o xoves 27 os veciños de Castroagudín poderán gozar do filme “Spiderman lejos de casa”. Xa o mércores día 2 de setembro nos Duráns poderá verse a peza “Uno más de la familia”.

A concelleira de Xuventude explicou que todas as proxeccións se realizarán con estritas medidas de seguridade e co cumprimento do protocolo Covid. De feito haberá cadeiras con separación e con mascarilla. l

Vilaxoán acollerá a estrea de “María Solinha” e o Cine de Verán repártese en dez localizacións

Te puede interesar