Vilaxoán repartirá 220 quilos de sardiña “do xeito” no seu San Xoán

Vilaxoán repartirá 220 quilos de sardiña “do xeito” no seu San Xoán
A festa do “Nacemento da sardiña” foi presentada onte na praia do Preguntoiro | gonzalo salgado

En San Xoán a sardiña molla o pan e en Vilaxoán teñen claro que queren ser protagonistas indiscutibles na que é a noite máis máxica do ano. É por iso que unha vez máis a Asociación de Veciños programa unha gran festa para a noite do venres co gallo do que eles chaman o “Nacemento da sardiña”.


O peixe máis famoso de Vilaxoán chegará á praia por mar, a iso das dez da noite, e este ano leva a sinatura indiscutible dun artista local. É “Platis” o que empregou todo o seu talento para dar cor e vida a unha sardiña que ten un ano de duración e que, como marca xa a tradición, se queimará a finais do Entroido do 2018. O vilaxoanés explicaba onte que é “todo un orgullo participar nisto, porque é a miña terra” e manifestaba que non lle importaba en absoluto que se queimara a sardiña porque “agora hai moitísimas fórmulas para que a arte perdure”. Acrílicos, aerosoles e papel brillante son algúns dos elementos utilizados na obra de arte.
Música e gastronomía


O certo é que nin a música nin a gastronomía faltarán nesta cita ineludible de Vilaxoán. En total repartiranse 220 quilos de sardiña “do xeito” e a parte musical correrá a cargo dos acordeóns de Arosa Bay e dos BlackStons e tamén dos Terribles de Arousa.
Dende a Asociación de Veciños animan a todos aqueles que se queiran achegar á localidade a celebrar a noite de San Xoán. As actividades xa empezarán ao fío das dez da noite, dado que a sardiña desembarcará por mar na praia do Preguntoiro.


A continuación dirixirase a comitiva ata a zona portuaria donde, cunha boa música de fondo, terá lugar a gran sardiñada popular, así como a “salta” da fogueira para espantar as meigas.
Seguir a tradición
O presidente da Asociación de Veciños, Antonio Casás, explicaba onte que “a sardiña ten unha longuísima tradición en Vilaxoán” e fixo fincapé a festas tan recoñecidas como “as Revenidas ou xa incluso antes as da salazón”.


Respecto do “Nacemento da Sardiña” é un evento que queren que se convirta nun referente precisamente pola vinculación que ten a localidade vilaxoanesa coa sardiña.


Cada ano é un artista o que se encarga de confeccionar á gran protagonista da xornada. En anos anteriores (este xa é o cuarto que se celebra este evento) encargáronse de darlle vida á sardiña Chaves, Uxío López e Guillermo Pedrosa. Este ano, tocoulle a “Platis”.


A de Vilaxoán non é a única fogueira que alumeará a noite do vernes en Vilagarcía. Serán decenas as que recibirán o verán por todo o alto.

Vilaxoán repartirá 220 quilos de sardiña “do xeito” no seu San Xoán

Te puede interesar