jueves 12.12.2019

Vilaxoán vólcase na procesión da súa “Raíña dos Mares” e canta hoxe ao unísono a despedida de Manso

Centos de persoas participaron na comitiva que percorreu a Ría de Arousa na Festa do Carme da localidade
Centos de persoas participaron na gran procesión da Virxe do Carme de Vilaxoán, a última que se celebra nesta banda da Ría de Arousa. Días de festa nesta localidade mariñeira que culminan mañá coa tradición da man do Vilaxoán Canta que este ano despide como director a Salvador Cores “Manso” | gonzalo salgado

Temperaturas altas e moito fervor. Estas foron as dúas características da xornada grande da festividade da Virxe do Carme en Vilaxoán. O pobo de ampla tradición mariñeira levaba días preparándose para unha xornada na que a emoción saiu ás rúas na procesión que percorreu o recorrido habitual ata o Porto de Vilaxoán. Foi alí donde a Virxe, ao igual que centos de persoas, embarcou na súa viaxe anual pola Ría de Arousa. A música xa soou dende primeira hora da mañá e non parou durante toda a xornada. As bombas de palenque puxeron o punto final a unha procesión que é das últimas que se celebra na Ría en honor á patrona dos mariñeiros.

     O certo é que non será ata hoxe cando Vilaxoán se despida dunhas das súas festas máis importantes do ano que nesta edición chega cunha carga emocional especial. De feito será o último que Salvador Cores “Manso” dirixa o Vilaxoán Canta ao fronte do que leva 43 anos. Déixalle as rendas dunha tradición que converte a Vilaxoán nun lugar único a Álvaro Cardalda para que estire, alomenos, outros corenta anos máis. A cita, como cada luns despois da gran procesión do Carme, está prevista para hoxe a partir das oito e media da tarde.

Comentarios