jueves 12.12.2019

A Virxe do Carme de Vilaxoán surcará hoxe as augas da Ría de Arousa

Aínda que onte foi día de festa rachada en Vilaxoán e a Virxe do Carme parteu xa dende a Confraría de Pescadores ata a Igrexa a gran procesión terá lugar hoxe a partir das sete e media da tarde. A Raíña dos Mares, como se conoce en Arousa, terá hoxe a súa procesión marítima.
 A Virxe do Carme de Vilaxoán surcará hoxe as augas da Ría de Arousa

A tradición mariñeira e o fervor que en Vilaxoán lle teñen á Virxe do Carme déixanse notar a todos os niveis e cos máximos decibelios ao longo de toda a fin de semana. Onte arrancaban as festas máis importantes do verán nesta localidad arousá e hoxe conmemórase o eixo central das celebracións relixiosas. O vilaxoanés Manuel Portas,

escritor galardoado co Premio Blanco Amor 2018, foi o encargado onte de dar o pregón que marcou o inicio das festas. Foi xusto a continuación cando se levou a cabo a subida da imaxe da Virxe do Carme dende a Confraría de Pescadores ata a Igrexia. Alí descansará ata hoxe ás sete e media da tarde, hora á que dará comezo a gran procesión que desfilará polas rúas da localidade para rematar na súa travesía marítima pola Ría.

O certo é que a xornada de onte mesturou á perfección o relixioso co máis profano. De feito tras os Cantos de Taberna, tradición recuperada en Vilaxoán despois de moitos anos, foi a quenda da primeira edición de O Carmelo Rock coa actuación de gruposd como Falperrys ou No Konforme que fixeron brincar a xente de todas as idades.

Hoxe o gran día
O certo é que as celebracións centrais serán hoxe coa alborada e o pasarrúas a cargo da Banda de Música Municipal de Ribadumia dende primeira hora da mañá. A misa solemne cantada pola Coral Polifónica Máximo Patiño está programada para as doce e media e a saída da procesión é ás sete e media. Ao seu retorno ao peirao terá lugar a gran tirada de fogos. A verbena estará amenizada polas orquestras Abanico e Dilema.


De todos xeitos Vilaxoán aínda non despedirá as festas ata mañá. De feito haberá actos litúrxicos como a misa comunitaria polos mariñeiros falecidos que se combinan con actividades para os máis pequenos da casa. Ás 20.30 será o Vilaxoán Canta, a última edición dirixida por Salvador Cores “Manso”.

Comentarios