Imprimir

refaixo de carolina

refaixo de carolina |

Diario de Arousa | 18 de septiembre de 2019

ondenamos profundamente o asesinato de Sandra, María Elena e Alba a mans de José Luis Abet Lafuente. Un episodio de violencia que nos conmociona, pero tamén nos mobiliza a saír á rúa a rebelarnos e alzar a voz contra os maltratadores e xerar tolerancia cero cos discursos e actitudes machistas. 
Primeiro recordar que só unha das asasinadas aparecerá para o Estado como vítima da violencia machista, cando hai tres asasinadas por un machista. 
Queremos e reclamamos medidas contundentes e reais, recursos e orzamentos que garantan que se pode avanzar na formación de todos os axentes que interveñen na educación, sanidade, prevención, xustiza e atención ás mulleres que sofren violencia de xénero.
É por iso que reclamamos que non se dea un paso atrás na implementación das políticas de igualdade, loitando contra a desigualdade e promovendo educación en igualdade. Tamén que nas aulas haxa contidos de xénero e que existan recursos na sanidade para a detección da violencia de xénero. Esiximos cambios que impidan que os maltratadores teñan a custodia dos seus fillos e tamén medios para os xulgados e persoal especializado que sexa sensible a este asunto. Así mesmo efectivos nas comisarías para vixiar as ordes de afastamento e cremos preciso que se fortalezan e incrementen os esforzos na prevención e a detección da violencia de xénero, así como na atención e protección das vítimas e dos seus fillos menores.
 Tamén pedimos máis compromiso real nos concellos, a institución máis próxima ás vítimas, máis recursos económicos para combater a violencia machista, pero especialmente na prevención da violencia. 
As vítimas teñen que deixar de ser cuestionadas por familiares ou veciños, a sociedade non pode mirar para outro lado. Todas as persoas que negan a violencia machista son cómplices de cada asasinato. 
Estamos fartas desa dereita que recorta leis e orzamentos ao tempo que di sumarse á repulsa da violencia. Sen recursos non se pode combater a violencia.
Puede ver este artículo en la siguitente dirección /opinion/refaixo-de-carolina/refaixo-de-carolina/20190918001028248113.html


© 2019 Diario de Arousa