Lunes 19.11.2018

A nosa Banda de Música

Este mércores despediuse de todos nós, os que desfrutábamos da banda

Este mércores despediuse de todos nós, os que desfrutábamos da banda de Música de Sanxenxo, o seu director, Javier Alonso, ó que para os que seguimos a evolución da mesma, sabemos que foi a pedra angular nestes derradeiros anos. El conseguiu integrar un equipo de persoas que viña dividido, facendo que os membros que estaban desmotivados por diversas razóns, se sentisen parte necesaria dun proxecto importante, dende o meu punto de vista, importantísimo.
Unha banda de Música é  cultura, un sentimento de pertenza a unha localidade, orgullo de saber que é a nosa banda de música de Sanxenxo, onde tocan os fillos e fillas de moitísimos veciños, amigos e amigas.
Este director que foi escollido polos compoñentes da banda despois de probar a varios candidatos, levou a esta banda o mais alto, gañar o XI Certame Galego de Bandas de Música en novembro do 2017. Unha cousa e poñelo así en frío nun papel, e outra cousa e sentir o estalido de alegría que houbo nese momento no Auditorio de Santiago, as bágoas de moitos músicos, das familias, a recompensa a un traballo ben feito, e dende logo a imaxe simbólica de ver un conxunto de persoas que loitan por algo común e son quen de acadalo.
Entón...¿por que marcha un director que non se quere ir?, ¿por que o deixan ir os propios compoñentes da banda que tampouco queren que marche?, ¿as familias dos membros da mesma?, ...marcha porque non ve futuro a banda, porque alguén non está a facer a súa labor, e xa non me refiro a propia Escola de Música que está a afogar a Banda da Música sen novos músicos, dato incontestable nos derradeiros anos,  me refiro as persoas que están a facer deixación das súas funcións de vixilancia, dun ben patrimonial do Concello, como e a cultura musical.
O Concello ten entre as súas funcións promover a cultura, vixiar que o seu persoal, neste caso o laboral, cumpra coas obrigas do posto que ten encomendado, e dende logo non permitir que sabotee o bo funcionamento dun ben social.
Unha das funcións dunha escola de música, que xerou en orixe unha banda de música, é dotala cada ano con novos músicos da canteira, porque senón se fomenta iso non existe reposición e non aseguramos que se vaian repoñendo a marcha dos músicos que con unha idade comezan a facer a súa vida fora da vila.
¿Quen ten que lembrarlle as súas funcións a dirección da Escola de Música?, ¿logo non temos persoal no Concello electo con carácter suficiente como para explicarlle con coherencia a dirección da Escola o que debe facer?, ¿ou o que pasa realmente e que queren que se desfaga a actual Banda de Música para volver a reunificación da Escola e da Banda?,  soamente dicir sobre esta derradeira cuestión que isto non funcionou e que por iso se separaron no seu momento as dúas.
Non existe vontade política, non queren axudar a que a Banda de Música siga o seu camiño, porque lles da igual. Botan balóns fóra para non enfrontarse eles a un problema que teñen que resolver, e do que ninguén mais e  responsable, teñen que tomar decisións e soamente as poden tomar dende o Concello.
Que non vendan coma favores cousas que son parte inherente da función política, promover e axudar a todas as asociacións culturais deixando que empreguen os medios que son da veciñanza, ou sexa nosos, para un ben cultural como é a música, iso non é que nos queiran axudar e simplemente facer o seu traballo.
Se o noso alcalde quixera o faría, el si pode facelo, ten a enerxía suficiente como para plantarlle cara, pero o que pasa sinxelamente é que non lle importa, que non quere, que como xa ten dito a moitas persoas... se non lles gusta que marchen todos para a Escola de  Meaño.
Agardo voltar a verte Javier Alonso, dirixindo a nosa Banda de Música, a túa banda, na nosa praza Pascual Veiga o verán  vindeiro
 

A nosa Banda de Música
Comentarios