Sábado 17.11.2018

Idoneidade

ai máis dunha semana que se aprobou no pleno extraordinario do Concello

ai máis dunha semana que se aprobou no pleno extraordinario do Concello de Sanxenxo a Idoneidade e Lexitimidade do alcalde Sr. Telmo Martín. Non teño nada que dicir con respecto á lexitimidade xa que é evidente que a ten, a de 3 concelleiras, 10 concelleiros e unha abstención. Os votos do PP, os do SAL e un concelleiro que representou a Podemos… ahí es nada.Isto nos leva a reflexionar sobre o verdadeiro “leitmotiv” destes partidos que se autodenominan “independentes das siglas”, que nacen inicialmente coma un revulsivo, ou eso din, para que as políticas locais sexan un reflexo do abano de ideas que conforma un colectivo social, e nembargantes o único que acontece normalmente, cando o tempo pon a cada quen no seu lugar, é que se amalgaman coas políticas dos partidos fortes, para tentar subsistir, para vender os votos de quenes confiaron neles, para venderse eles e elas mesmas, para ter un soldo…cando saben que non son necesarios.
Pero como dicía,  hai unha semana do pleno e a memoria colectiva é fráxil, xa parece ata normal que se vote se un alcalde é “Idóneo”. Viviuse unha hora esperpéntica nese pleno, a oposición fixo unha exposición do porqué se convocou, de porqué se debía de afastar a un lado o alcalde e dar paso a outra, ou a outro, que o sustitúa que lle dea dignididade a función da Alcaldía, unha alcaldesa ou alcalde presentable, ou polo menos do que non nos avergoñemos das súas andanzas.Pero o que aconteceu foi que non houbo resposta dende o PP. Na única intervención da súa portavoz, a concelleira María Deza,  que tentou impedir a votación  explicando que non estaba avalada por ningún reglamento, foi directamente aplastada, deslexitimada,  polo ego do alcalde, que quería esa votación para poder dicir que él é idóneo. 
Idóneo… para que os seus, a súa cohorte de persoas sen voz, mansas, as veces parece que tamén sen pensamentos e criterios propios, pero que si teñen dereito a voto e por iso están aí;  persoas que tragaban saliva ante as explicacións da oposición do porqué non debemos manter a unha persoa indigna, con escasa ou nula moralidade, pois este grupo de concelleiros e de concelleiras que non estaban cómodos nese pleno, estiveron ben calados e caladas, supoñemos que aguantando a vergoña; e o pago por estaren ahí, que triste.
Pois si, a IDONEIDADE foi o que se votou, e se aprobou, a idoneidade de ter coma alcalde a unha persoa que sen miramentos, e cunha única finalidade lucrativa, permitiu que na empresa da que era socio se cobrase ás persoas que máis o necesitan, cando está totalmente prohibido pola lei e é totalmente inmoral.
Mención especial para o concelleiro Roberto Agís, quen se abstivo, ao parecer tiña dúbidas sobre si o alcalde é idóneo ou non. Segundo a súa argumentación este tema non debía de convertirse nun tema político e ao parecer non nos debe de importar á veciñanza que se teña sancionado e multado a empresa de quen nos dirixe… vaia pois viñendo en orixe de Podemos… quen o diría. 
Aínda que xa no pleno dixo claramente que é mellor non entrar en ideoloxías, nin dun lado nin doutro, ao parecer estar en política é ser unha ameba e os demais non o sabiamos, creo que o señor Agís non sabe por que está sentado no pleno do Concello, pero ímosllo recordar un pouco, algo que os partidos serios, responsables, con ideoloxía saben moi ben, estamos eiquí para representar os dereitos de quenes nos votan, somos a ferramenta que teñen para reivindicar as súas problemáticas, somos un instrumento necesario para a sociedade e por iso estamos eiquí, para representalos e defendelos, loitar por elas e  eles e cando as cousas non veñen ben dadas hai que aguantar.Tamén estamos eiquí para facer unha labor de fiscalización e de control do goberno, fundamental na hixiene democrática, polo qué o que se debatíu nese pleno non soamente era un tema político necesario, senon que  era a expresión de enfado da cidadanía nun tema de credibilidade dos políticos, era a expresión da necesidade de devolverlle a confianza a cidadanía nos nosos dirixentes retratándoos públicamente polas súas accións. Cun discurso coma o que nos prantexou o sr. Agís dicindo que daba igual o que fixera… que podemos agardar. Non me gustou que non intervira ningún concelleiro da bancada do PP, aínda que é normal, que ían dicir? Onde manda patrón non manda mariñeiro, neste caso son mudas e mudos. Non me gustou a intervención de Gonzalo Pita, intentando agocharse como puido dalgo que sabe que lle queda grande. Moito menos a de Roberto Agís, que me pareceu dunha persoa que está perdida en rencores varios cara o que foi o seu partido, contra a oposición e mesmo contra a prensa. E por fin falou Telmo, …e aínda me gustou menos.

Idoneidade
Comentarios