55 días en Pekín...

Unha das películas que forman parte do meu recordo cinéfilo da miña nenez e xuventude é “55 días en Pekín”, un filme interpretado por Charlton Heston, Ava Gardner e David Niven que xiraba en torno a guerra dos Boxers en China e a súa loita particular por sacarse de enriba os restos do colonialismo occidental.
Lembreime desta película no momento en que os galegos coñecimos a convocatoria anticipada de eleccións autonómicas en Galicia para o vindeiro 25 de setembro. Nese anuncio, feito polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comezábase unha conta atrás de 55 días nos que os galegos teremos que facer balance da situación e pronunciar o noso veredicto colectivo nas urnas.
Chega esta adianto electoral, forzado polo anuncio do lehendakari basco de anticipar os comicios en Euskadi, nun momento en que, agás no PPdeG, todo o panorama político se atopa sumido nunha situación de caos que evoca á vivida polas legacións diplomáticas occidentais da famosa película antes referenciada.
Por unha banda temos ao BNG nun proceso existencialista onde aferrarse a sí mesmo parece que é a súa única esperanza mentras baixo os seus pés de barro vanse diluíndo como pequenos flecos os cadros e militantes que ata o de agora o mantiña en posición erguida e de combate.
Pola outra banda, en En Marea, cada día que pasa (ao igual que con Podemos a nivel estatal) as liortas internas e a falla dunha saída sensata ao proceso de liderazgo que no seu día encabezou Beiras desde o que se deu en chamar Alternativa Galega de Esquerdas, vai minando unha alternativa que non hai moitos meses parecía que podía liderar o cambio en Galicia, pero que a medida que avanza o tempo vai esmorecendo.
No PSdeG-PSOE pasaron dos pisotóns e das patadiñas por debaixo da mesa ás coiteladas e puñadas polas costas no que están entretidos os do norte cos do sur, os do leste cos do oeste, os de Caballero cos de Leiceaga. En fin, un auténtico Cristo sin saída a curto prazo.
A priori, a don Alberto parecera que non lle queda máis que agardar ver pasar, sucesivamente, os cadaleitos dos seus inimigos mentras el corre o risco de morrer de éxito, que deso tamén se morre, ou non?

55 días en Pekín...

Te puede interesar