55 días en Pekín...

Mentras se estrea nas carteleiras dos cines galegos o filme de Luis Tosar, “Os últimos de Filipinas”, con temática relacionada con paraísos orientais e lembranzas do derradeiro reducto colonial español no continente asiático, eu quédome coa mítica película “55 días en Pekín”, con Charlton Heston, David Niven e a belísima Ava Gardner, baseada na loita dos boxers por expulsar aos estranxeiros do interior das fronteiras do xigante chinés.
E digo isto despois de que se coñecera que Eptisa, a consultora enxeñeira encargada de actualiza-las normas de planeamento urbanístico de Vilagarcía e doutros concellos galegos, fora adquirida por un grupo investidor chinés que deixa en situación de incertidume non so a finalización deses traballos senón tamén a propia continuidade dos técnicos nestas empresa toda vez que xa fixo diversas remodelacións de persoal que pronostican un ERE nada halagüeño para os intereses vilagarciáns polo que pode supor un novo retraso no remate do documento que rexirá o crecemento e o futuro da novena cidade de Galicia.
Prácticamente a economía mundial está mediatizada pola influencia do xigante chinés que se foi metendo con certo disimulo no noso país como si dun cabalo de Troia se tratara. Primeiro foron os bazares chineses que arruinaron e acabaron por facer desaparecer da face da terra aos populares “todo a 100” de finais do século pasado. Agora popularizouse a venda de todo tipo de artigos “made in China” sin calidade e garantía de durabilidade a baixo custe (xa menos porque ante a falla de competencia e de necesidade de fagocitar ao sector, levan tempo subindo de maneira exponencial os seus prezos) mimetizándose completamente co tecido comercial local ata infestalo e, en función da lei de oferta e demanda, impoñer a lei do máis forte.
O seguinte paso foi meterse en sectores estratéxicos e agora o salto está xa non só no entretemento ou no sentimento colectivo do noso pobo (intento de mercar o celtismo) senón que tamén optan a empresas encargadas de planificar o deseño futuro do que serán as nosas vilas e cidades. 
Teñamos coidado con estas cousas non vaia a ser que esto todo acabe converténdose nun conto chinés e os que saiamos “enganados como chinos” sexamos precisamente nós. A ver si os novos donos de Eptisa non se sinten concernidos polos compromisos anteriores e non haxa que comezar de novo cun planeamento urbanístico para Vilagarcía que leva décadas de retraso, ou non?

55 días en Pekín...

Te puede interesar