• Lunes, 12 de Noviembre de 2018

A prol dun camiño ruso...

espois de seis anos de sementeira por parte do presidente da Mancomunidade

espois de seis anos de sementeira por parte do presidente da Mancomunidade do Salnés e alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán Hermida, para conseguir un fluxo de turistas do mercado emerxente ruso resulta que seguimos sin ter unha conexión directa entre os aeroportos galegos e a patria de Putin, tal e como puxo de manifesto o embaixador Yuri Korchagin durante a súa visita á comarca arousá.
Gonzalo Durán non se atreveu a dicir aquelo de “ata aquí podo ler”, pero aquelas persoas que o coñecen perfectamente souberon mirar entre liñas que fai falla colaboración das “administracións amigas” para completar un plan que leva desenvolvendo desde hai máis dun lustro e que se atopa, para unha correcta implementación, cunha falla de infraestruturas fundamentais para o éxito como é unha conexión directa entre a “Madre Patria Rusa” e os aeroportos galegos, tal e como sucede con outros destinos como Madrid, Barcelona ou lugares da costa mediterránea española que se disputan entre si o turismo procedente deste país.
Tentar chegar a Galicia desde Rusia é unha auténtica odisea con transbordos incómodos que desmotivan ao turista ruso no seu interese por coñecer non só as marabillas gastronómicas, etnográficas e arquitectónicas da comarca do Salnés senón que tamén é moi difícil que se acheguen a contempla-la posta de sol na fin do camiño, Santiago de Compostela.
Ante esto só queda facer un chamamento ao labor coordinado entre as distintas administracións con competencias na materia aeroportuaria e turística porque de nada serve poñer unha “pica en Flandes” ou en Rusia si non hai xeito humano de viaxar ata aquí, nada máis que para os máis aventureiros que estean dispostos a chegar ata “a fin do mundo” e non o digo dun xeito figurado.
Chegados a esta conclusión, faise necesaria unha xuntanza entre responsables do Ministerio de Fomento, a Axencia de Turismo de Galicia, dirixida por Nava Castro, e da propia Mancomunidade do Salnés co fin de artellar algún xeito de voo charter ou similar para abri-la ruta galega ao mercado ruso aínda que so sexa de xeito experimental e por mor do Ano Santo Xacobeo que terá o vindeiro ano 2021 como protagonista a Santiago de Compostela e tamén ás diferentes rutas, entre ela, ás do Mar de Arousa e a Variante Espiritual. E si para eso Gonzalo Durán ten que busca-la mediación da súa amiga a presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, o tema non caerá en saco roto, ou non?