• Miércoles, 26 de Septiembre de 2018

O Albariño, na senda de Marco Polo...

Nos prolegómenos da festa de exaltación vitivinícola máis importante do norte da Península Ibérica, a Festa do Albariño de Cambados.

Nos prolegómenos da festa de exaltación vitivinícola máis importante do norte da Península Ibérica, a Festa do Albariño de Cambados, o sector atópase, de novo, inmerso nun proceso de internacionalización que vai acompasado cos síntomas de recuperación económica mundial. A búsqueda de novos mercados leva á Denominación de Orixe a seguir empeñada en conquistar destinos tan lonxanos como Rusia ou a mesma China, emulando o lendario camiño emprendido polo mítico Marco Polo.
Hai anos, cando se estaba a falar da introdución do albariño en mercados como o norteamericano dicíase que un dos inconvintes que tiña o noso viño era a pouca produción concentrada de botellas nun mesmo distribuidor, de aí a necesidade de potenciar a Denominación de Orixe en lugar dunha marca concreta e de homoxeneizar, o máximo posible, o sabor e os stándares de calidade do príncipe dos brancos para favorecer unha maior presenza ordenada ante esas novas demandas.
Agora o camiño vai por outro lado, orientado cara á diferenciación e pola competencia, non en prezo senón en calidade e sabor. Neste momento, o que se busca é conquistar novos mercados pola personalidade do albariño e en facer da necesidade virtude, é dicir, o feito de que non haxa suficiente produción para afrontar “ao por maior” o abastecemento ás grandes cadeas internacionais fai que o noso viño se venda como unha especie de “delicatesse” ou como un produto ao alcance dun público reducido, pero ao mesmo tempo selecto, con alto nivel adquisitivo, facendoo dobremente interesante: desde o punto de vista da consideración do cliente e do alto rendemento económico obtido en base á lei da oferta e a demanda.
Estando así as cousas, o novo obxectivo dos membros da D.O. está posto nos novos países con persoas de alto nivel adquisitivo tendo en Rusia e na China os seus principais puntos de mira para levar adiante esta operación. Non estaría mal unha alianza estratéxica entre dous sectores de especial relevancia para a comarca de Arousa como son o do viño e o mexillón e tentar tamén unha maridaxe comercial que lles fixera ir tamén xuntos da man á hora de realiza-la súa promoción conxunta en mercados tan afastados como os dos países de Oriente onde a tradición culinaria co mundo do mar está moi aberta a recibir novos sabores e novas experiencias, ou non?