• Viernes, 21 de Septiembre de 2018

Andrés Quintá o almirante de Valga

Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (ASIME)

Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (ASIME) acaba de galardoar no seu 40º aniversario ao empresario Andrés Quintá Cortiñas, xerente de Extrugasa e Extrumar, pola súa traxectoria profesional e persoal e en recoñecemento ao seu esforzo, constancia e aposta pola innovación.
De ninguén se pode dicir máis alto e máis claro que se fixo a si mesmo. Este home, que naceu en Arretén, Iria-Flavia (Padrón), construiu da nada un auténtico emporio que desde Valga da traballo a máis de 700 familias e exporta, con patentes propias, a todo o mundo.
Andrés Quintá é quizais un dos homes máis recoñecidos que podemos atopar na comarca e nembargantes polo seu trato e campechanería, ao igual que sucede co Rei Emérito, parece unha persoa corrente, modesta, cun trato afable e sempre disposto a colaborar coas causas nobres, en obras filantrópicas ou que teñen que ver coa recuperación do patrimonio cultural e arquitectónico relixioso, co deporte ou participar en eventos de promoción gastronómica como a Festa do Albariño ou da Caña e a Anguía de Valga, por non nomear outras moitas máis.
Quintá ten mil e un premios e recoñecementos nacionais e internacionais, a Medalla Castelao, o Arousán de Honra, Galicia á Innovación, etc. etc. pero si hai unha distinción que máis lle fai sentirse orgulloso foi unha concedida polas súas propias traballadoras por fomentar a integración feminina nun sector, como o industrial do aluminio, tradicionalmente vetado ás mulleres.
Si Andrés Quintá tivera a oportunidade de transformar tódolos seus recoñecementos públicos, de particulares e institucións, en medallas tería que lucir unha auténtica guerreira de almirante (gústalle moito o mar e durante un tempo, no verán, solía pasearse cun gorro de marino) cargado de condecoracións que mesmo o poderían confundir cun daqueles xenerais soviéticos que en vez de “pechera” parecera un auténtico “coraceiro” polos incontables metais que luciría na súa chaqueta.
Aínda que, a Andrés Quintá si lle falan de almirantes venlle sempre á cabeza un marino español, nado en Vigo e afincado en Pontevedra, como foi don Casto Méndez Núñez, heroe da Batalla de El Callao, que dixo aquela gloriosa frase: “Máis vale honra sen barcos que barcos sen honra”. Sin querer chegar a entrar en comparacións, si hai que dicir que Quintá ás veces parecera ese vello marino, que chegou a ser proposto para Rei de España, que tamén desafiou a comodidade que lle ofrecía o seu barco e cambiouna polo risco da súa propia vida nunha batalla desigual da que miragrosamente saiu victorioso. Agardemos que lle suceda o mesmo a Quintá na súa loita particular como un solitario Quixote perseguindo, entre grandes muíños de vento da incompresión das administracións públicas, un soño de futuro cuberto de xenialidade innovadora, aposta pola formación e a creación de emprego, ou non?