Ano novo, suba nova...

Coa chegada do aninovo se produce sistemáticamente toda unha serie de incrementos nos prezos da electricidade, telefonía, carburantes, peaxes, transportes ou paquetería, sen esquecer a aplicación de novos sistemas de cotización para os autónomos que farán que as súas cuotas suban un mínimo de 1,25%.
Parecera que existira unha barreira de contención que desaparecera de xeito súbito cada 1 de xaneiro, dando paso a toda unha serie de actualicacións de prezo que van en contra dos intereses dos consumidores. No tocante á enerxía, ben sexan carburantes ou consumo eléctrico, sempre estamos acostumados a escoitar que é por cuestións de ámbito internacional con subas paulatinas en función do prezo do petróleo ou dos impostos que o goberno de turno estea disposto a aplicar á tarifa básica. Este ano a escusa será o imposto do gasóleo que porá en marcha o gabinete de Pedro Sánchez para preserva-lo noso medioambiente e, de paso, aumenta-la presión impositiva nos impostos indirectos que sangran a tódolos cidadáns por igual, independentemente do seu poder adquisitivo.
Por outra banda, outro dos clásicos é a suba da peaxe da AP-9, da famosa Autoestrada do Atlántico que independentemente de que a súa titularidade sexa estatal ou autonómica o usuario vai seguir comprobando como coa chegada do cambio de ano leva aparellada consigo o incremento do prezo nun dos viais de pago máis caros de Europa.
Ao igual que pasa cos carburantes, que suben de xeito galopante ao ritmo que marca a suba do petróleo ou a cotización do petrodólar, a electricidade vai polo mesmo camiño e dun xeito irrefrenable. No caso do combustible sube de modo fulgurante cando lle afecta algún dos factores anteriormente descritos, pero cando a curva toma unha tendencia descendente a súa caída para o peto do usuario, lonxe de ter a mesma velocidade de baixada que de subida, faino de xeito paulatino describindo un movemento oscilante, tipo pluma, que nunca acaba de chegar ao punto de partida.
Pois coa electricidade pasa igual, aínda que dun modo máis farragoso posto que ao galimatías interpretativo do recibo que pagamos hai que sumar toda unha serie de factores que van desde o afán recadatorio do goberno de turno ata o índice de precipitacións metereolóxicas. Si, escoitaron ben, xa que non é a primeira vez que as eléctricas aproveitan o cambio climático para usar a falla de choivas como coartada para xustifica-las súas subas incontroladas. Ao final vai ser verdade que nunca chove a gusto de todos, ou non?
 

Ano novo, suba nova...

Te puede interesar