Arde Portugal...

spaña, e sobre todo Galicia, nunca estiveron máis xuntos nos últimos tempos na solidariedade como agora a raíz dese infernal incendio que leva xa cobradas 64 vidas humanas e que ameaza con seguir a súa expansión cara ao norte do país sin respectar nin paraxes incomparables, nin persoas nin animais.
Imaxinamos horrorizados o sufrimento daquelas persoas que pereceron abrasadas dentro dos seus coches ou das súas casas atrapadas polas lapas que dun xeito inmisericorde nos deron unha tráxica leción do poderío e virulencia que pode alcanzar un incendio forestal incontrolado.
Galicia, sempre pendente da sorte, si, do azar, cando chega un verán con altas temperaturas por mor do quecemento global do planeta (cuestión que pese aos negacionistas como Donald Trump empeñados en ocultar este feito por intereses das empresas extractivas enerxéticas parece que é certo) coa clara idea de que os deuses nos teñen sentenciados a sermos vítimas irremediables da vaga de lumes sin que ninguén sexa capaz de remedialo, pese a que o fenómeno se repite periódicamente dun xeito cíclico.
Os nosos paisanos, que ven con tristura o abandono das explotacións forestais e das masas arbóreas do noso país, cando comeza a subir o mercurio nos nosos termómetros fixan a súa vista no alto do monte e fíam o seu destino á dirección e á intensidade do vento ao tempo que cruzan os dedos para que non salte algunha “chispa fortuita” que acabe por prender ao atardecer, entre o lusco e fusco, (cando non poden actuar os medios aéreos) preto das súas casas poñendo en perigo vidas e facendas…
Agora temos o exemplo de Portugal, moi preto de aquí, pero cuns síntomas que nos resultan moi familiares como a ausencia de labores preventivos, falla de limpeza dos montes e descoido forestal. Galicia tamén sabe o prezo que se cobra o lume descontrolado. Sábeno as familias dos brigadistas que faleceron en Fornelos de Montes mentras tentaban apagar un lume. Pero pese a eso a conciencia colectiva da nosa sociedade, si volve pasar un problema similar a sensación é a de que non estamos preparados para frenar o avance destrutivos do lume nin desde o punto de vista humano, material e menos por políticas de prevención que, desde logo, á vista está que resultan insuficientes.
Igual que non seu día o pobo galego berrou ao mundo “nunca máis” cando foi a traxedia no mar, a do Prestige, agora volve erguela súa voz para dicir novamente “nunca máis” a unha infamia como a de Portugal, ou  non?

Arde Portugal...

Te puede interesar