Arousa ante unha nova presidencia de Sánchez

o final o guion cumpriuse e Pedro Sánchez saiu elixido presidente do Goberno de España despois de colleitar dous votos afirmativos máis á súa candidatura que os seus detractores, que forzaran unha segunda volta para determinar si o socialista reeditaba a súa presidencia, despois da moción de censura que desaloxou a Mariano Rajoy da Moncloa, e tras recurrir de novo a un novo proceso electoral.
Agora o que máis e o que menos está botando man da libreta onde están apuntados os distintos compromisos que facilitaron o encaixe de bolillos preciso para que Pedro Sánchez seguira como inquilino da Moncloa. Así, para que o novo Gabinete que xurda desta investidura teña unha longa vida, deberá  atender as demandas dos independentistas (mesa de diálogo bilateral, reacomodo das sentenzas xudiciais polo xuizo do 1-O, consultas cidadáns, etc.), terá que dar resposta ás reivindicacións de carácter económico-sociais postas enriba da mesa por Unidas Podemos, ademais de atender os compromisos con Teruel Existe ou mesmo a chamada “Axenda Galega” co BNG que deberá afrontar asuntos que teñen en vilo a sectores productivos especialmente sensibles na nosa Comunidade Autónoma e que suporía, na práctica, emendar a política económica desenvolvida polos ministros de Sánchez nos últimos meses.
Galicia será unha comunidade sobre a que Pedro Sánchez terá que facer algún movemento a curto prazo debido á inminente convocatoria electoral autonómica (prevista, en principio, para outono deste ano) sabedor de que o resultado obtido polo seu discípulo Gonzalo Caballero servirá de referencia demoscópica para coñecer o nivel de aceptación social e electoral das súas decisións e comportamento político a curto prazo. 
Polo que respecta ás comarcas arousás, haberá que estar atentos a ver como se perfilan eses compromisos en materias tan sensibles para as aspiracións locais como o desenrolo da rada de Vilagarcía, porto estatal de interese xeral, a concreción da chegada do AVE a Galicia e como vai influir no destino turístico arousán e galego co Xacobeo 21 ou mesmo como se plantifica finalmente a construción dese novo cuartel da Garda Civil que ten en vilo a responsables políticos vilagarciáns e cambadeses que pugnan pola súa ubicación e dá novos folgos aos enfrontamentos localistas entre as dúas grandes vilas do lado sur da Ría de Arousa.
Nembargantes, nesta ocasión, Arousa parece non contar co protagonismo nin a forza doutros tempos para reivindicarse polo que a chegada do novo goberno de Sánchez está cheo de incógnitas e incertidumes tamén para as nosas comarcas, ou non?

Arousa ante unha nova presidencia de Sánchez

Te puede interesar