• Lunes, 24 de Septiembre de 2018

Begin the begine...

Desde logo estamos faltos de imaxinación e creatividade.

Desde logo estamos faltos de imaxinación e creatividade. A intervención de Mariano Rajoy, como candidato a presidir de novo o Goberno, no debate de investidura parecía unha sonatina monótona, sin sangue e ilusión sabedor de que, agás os propios, ninguén ía estar prestando a mínima atención a un discurso condenado a acabar na cesta dos papeis unha vez rematado o seu cometido.
Un auténtico pleno de trámite. Todo seguiu o guión previamente trazado. Os adeptos aplaudían nas pausas escollidas con precisión polo orador mentras que nas bancadas da oposición o hastío e a falla de interese afloraba sin grandes disimulos nunha tarde estival, en hora de siesta, que a piques estivo de xogarlle unha mala partida a algún que outro prócer do país que ocupaba o seu cómodo sillón mentras sonaba, como unha canción de berce, un soporífero e monocorde discurso do candidato Mariano Rajoy.
Desde logo todos saben, nós tamén, como vai a acabar a película. A verdade é que pouco aliciente ten ir a ver un partido cando un sabe o resultado final. Podíanse esforzar os uns e os outros por dar unha sensación diferente, por sudar a camiseta diante do respetable público (menos que outras veces xa que o calor do verán e o tempo estival que nos acompaña non axudan en nada) e gardar as apariencias, pero a realidade non foi así.
Ninguén se molestou en disimular ou en facer o mínimo esforzo por tentar mudar as cousas. As fabas están contadas e as cousas son como son. Rajoy non chega aos 176 deputados necesarios para a súa investidura e Pedro Sánchez non está pola labor de facilitarlle a continuidade no goberno aos populares: “Non é non”.
Polo tanto, “Begin the begine”, (volver a empezar) como se titulaba aquela película dos anos 80 de José Luis Garci, a primeira española en gañar un Óscar. Agás un miragre (sorpresa) de última hora, os galegos imos camiño de pasar polas urnas, ademais do 25 de setembro, o Día de Nadal. A ver si acabamos por acostumarnos a que as cousas funcionen soas e os cidadáns decidan prescindir dos políticos. Nós, na casa, somos máis das tradicións, dos Reis Magos, así que ímoslle pedir este ano aos Meigos de Oriente que nos traia un novo goberno, aínda que sexa como tódolos demais, e si hai sorte que funcione, ou non?