Jueves 15.11.2018

Botarlle ovos...

urante a multitudinaria manifestación de taxistas celebrada en Madrid,

urante a multitudinaria manifestación de taxistas celebrada en Madrid, diante do Congreso dos Deputados, por mor das súas protestas contra a actividade cualificada polos afectados de “competencia desleal” que exercen Uber e Cabify tivemos a ocasión de ver unha imaxe dobremente curiosa: Primeiro, a un grupo de políticos dando a cara á saída do hemiciclo onde foran falar cos que alí protestaban e, outra, que o líder dos promotores de manifestacións por autonomasia neste país, Pablo Iglesias, acabara recibindo un ovo arroxado precisamente polos concentrados, aínda que fora sin querer e de rebote…
O líder de Podemos tomouse con bastante bo humor este percance, pero a verdade é que seguro que non quedou nada contento coa reacción dun grupo radical de taxistas que lanzaba, a destra e siniestra (como se pudo comprobar) ovos que causaron máis dun “dano colateral” posto que Iglesias estaba, nese momento, dialogando co presidente da Federación Profesional do Taxi de Madrid, Julio Sanz (que se levou a peor parte), para amosarlle o apoio do seu grupo.
Os manifestantes anuncian novas mobilización e ameazan con deixar a todo o país sin o servizo de taxi se a normativa lexislativa mantén activos a Uber e Cabify, dúas empresas que segundo os autopatronos dos vehículos de punto acaban coa economía de subsistencia de moitísimas familias en todo o Estado Español. Así que se as cousas siguen como están poderemos ver como chega a temporada estival, con turistas saturando os nosos aeroportos e sin taxistas que fagan o consabido servizo ofrecendo unha imaxe penosa do noso país.
Pero volvendo ao anecdótico do tema, sinalar que aínda que hai que condenar calquera tipo de acción violenta, aínda que sexa o lanzamento de ovos, hai que suliñar que resulta paradóxico que un dos afectados nese caso fora o mismísimo instigador dos “escraches” a ministros e dirixentes doutros partidos políticos e que abandeirara na rúa aqueles berros de: “non nos representan”… 
Parece que ao señor Iglesias vaille gustando eso da alta política, de pisar moqueta e cada vez está máis alonxado da rúa e, polo que se ve, ese sentimento debe ser recíproco posto que á hora de repartir ovos, aínda que o líder de Podemos non foi precisamente dos máis afectados si que recibiu a súa parte correspondente.
Así que non me extrana que moitas veces para que unha reivindicación teña eco no interior das pétreas paredes do Congreso moitos opten por “botarlle ovos”, ou non?

Botarlle ovos...
Comentarios